Aeroporto de Bruxelas Sur-Charleroi

O aeroporto de Bruxelas Sur-Charleroi (IATA: CRL, ICAO: EBCI), tamén chamado aeroporto de Charleroi ou aeroporto de Gosselies, é un aeroporto internacional situado en Gosselies, unha parte da cidade de Charleroi en Valonia. O aeroporto atópase a 7,4 km ao norte de Charleroi e a 46 km ao sur do centro de Bruxelas. En termos de pasaxeiros e movementos de avións é o segundo aeroporto máis concorrido de Bélxica, pasando no ano 2016 7 303 720 pasaxeiros en 75 038 operacións. Tamén é un importante aeródromo para a aviación xeral, sendo o fogar de 3 escolas de voo.

Aeroporto de Bruxelas Sur-Charleroi
Aéroport de Charleroi Bruxelles Sud

IATA: CRL – ICAO: EBCI
Sumario
Tipo público
Propietario goberno de Valonia
Operador Société Wallonne des Aéroports
Localización Charleroi
Elevación (msnm) 187 metros / 614 pés
Coordenadas Coordenadas: 50°27′33″N 4°27′14″L / 50.4592, 4.45382
Web https://www.charleroi-airport.com
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
07/25 2 550 8 366 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 7 303 720

Aeroliñas e destinos editar

Aeroliñas Destinos
Air Belgium Hong Kong (comeza en xuño de 2018)
Air Corsica Estacional: Ajaccio, Bastia, Calvi (comeza en xullo de 2018)
Belavia Minsk
Pegasus Airlines Istanbul-Sabiha Gökçen
Ryanair Agadir, Alacant, Ancona, Atenas, Barcelona, Bari, Bérgamo, Biarritz, Boloña, Bordeos, Bratislava, Brindisi, Bucarest, Budapest, Cagliari, Carcasona, Comiso, Copenhague, Dublín, Edimburgo, Faro, Fes, Fuerteventura, Glasgow-International, Gran Canaria, Cracovia, Lamezia Terme, Lanzarote, Lisboa (comeza en outubro de 2017) [1] Madrid, Málaga, Manchester, Marrakech, Marsella, Montpellier, Nador, Nápoles (comeza en outubro de 2017),[1] Nîmes, Oujda, Palma de Mallorca, Paphos, Perpignan, Pescara, Pisa, Plovdiv (comeza en outubro de 2017),[1] Porto, Praga, Podgorica, Rabat, Reus, Riga, Roma-Ciampino, Santander, Sevilla, Sofía, Estocolmo-Skavsta, Tánxer, Tenerife-Sur, Tesalónica, Timișoara, Tolosa, Trapani, Treviso, Turín, Valencia, Varna (comeza en outubro de 2017),[1] Vilnius, Varsovia-Modlin, Wrocław (comeza en outubro de 2017),[1] Zaragoza
Estacional: L’Alguer, Almería, Bergerac, Chania, Corfú, Eilat-Ovda (comeza en outubro de 2017), Figari, Xirona, Eivisa, La Rochelle, Perugia, Pula, Rodas, Rijeka, Rodez, Zadar, Zante
TUI fly Belgium Alxer, Annaba, Alacant, Béjaïa, Casablanca, Constantina, Fes, Gran Canaria, Málaga, Murcia, Nador, Orán, Oujda, Palma de Mallorca, Saraxevo, Tánxer, Tenerife-Sur, Tlemcen, Toulon
Estacional: Al-Hoceima, Essaouira,[2] Heraclión, Hurghada,[2] Nápoles, Niza, Rodas, Sharm El Sheikh (comeza en outubro de 2017),[3] Trieste,[2] Tunes
Wizz Air Bucarest, Budapest, Cluj-Napoca, Gdańsk (remata en novembro de 2017), Liubliana, Skopje, Sofía, Timişoara, Varsovia-Chopin

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar