Aeroporto de Pescara
O Aeroporto de Pescara[1] (en italiano Aeroporto di Pescara), hoxe denominado Aeroporto Internazionale d'Abruzzo, é un aeroporto próximo a Pescara, Italia. Trátase do aeroporto principal de ItAli Airlines.
Aeroporto de Pescara Aeroporto di Pescara
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Civil | ||
Operador | SAGA | ||
Cidade/Illa | Pescara | ||
Elevación (msnm) | 15 metros / 48 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
pés | metros | ||
04/22 | 7 936 | 2 419 | asfalto |
O aeroporto está localizado a uns 4 km do centro de Pescara. A uns 180 km de Roma, a 2 horas de condución en coche, por unha rápida autoestrada que, cruzando os Apeninos tamén permite gozar das vistas.
Hai taxis dispoñibles ás aforas da zona de chegadas. A viaxe ata a estación central de trens de Pescara costa uns 15 euros. Hai un autobús (o número 38) que parte do aeroporto ao centro da cidade cada 15 minutos (1 euro a tarifa ordinaria).
O acceso directo á rede de autovías nacionais permite dirixirse ás principais cidades de Italia.
Historia
editarEn 1973 o historiador Bruce Barrymore Halpenny que vivía en Abruzzo organizou o voo dun British Caledonian cun BAC 111 que engalaba en Xénova cara Pescara para que efectuase probas de voo dun avión comercial de grandes dimensións na aproximación e aterraxe en Pescara.[2] Co piloto ao mando do British Caledonian, un antigo piloto da RAF e Halpenny (tamén antigo piloto da RAF) a bordo as manobras culminaron sen problemas;[2] abríndose de inmediato o aeroporto e a rexión ao turismo.[2] Halpenny conseguiu que un BAC 111 de British Caledonian engalase desde Londres Gatwick e voase a Pescara, con regreso despois a Gatwick.[2] Os voos comerciais eran agora posibles.[2]
Aeroliñas e destinos
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
Alitalia operado por Alitalia Cityliner |
Milán-Linate |
Blue Air | Turín |
Mistral Air | Tirana Estacional: Cagliari, Catania, Olbia, Palermo |
Ryanair | Bérgamo, Charleroi, Hahn, Cracovia, Londres-Stansted Estacional: Copenhague, Xirona, Weeze |
Wizz Air | Bucarest |
Estatísticas
editarEstatísticas para o Aeroporto Internazionale d'Abruzzo[3].
Ano | Total pasaxeiros | Total operacións |
---|---|---|
1996 | 71 908 | 4 052 |
1997 | 72 962 | 4 618 |
1998 | 104 000 | 6 390 |
1999 | 105 500 | 6 310 |
2000 | 114 024 | 9 940 |
2001 | 153 227 | 6 675 |
2002 | 295 875 | 11 559 |
2003 | 301 773 | 10 932 |
2004 | 334 998 | 10 075 |
2005 | 350 447 | 10 339 |
2006 | 340 699 | 12 139 |
2007 | 374 247 | 12 085 |
2008 | 402 845 | 11 128 |
2009 | 409 045 | 9 773 |
2010 | 461 086 | 7 971 |
2011 | 550 062 | 7 827 |
2012 | 563 187 | 8 284 |
Notas
editar- ↑ [1][Ligazón morta] AIP de Italia - AD 2 LIBP 1-1, consultado o 25 de abril de 2006
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Abruzzo - Londres: case unha realidade Il Tempo - D'Abruzzo, editor Gianni Letta, 27 de outubro de 1973 - N. 294
- ↑ "Estatísticas do Aeroporto Internazionale d'Abruzzo". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2009. Consultado o 26 de maio de 2009.