Abrir o menú principal

Mistral Air é unha aeroliña italiana con sede en Roma[1] subsidiaria de Poste italiane. Opera voos regulares domésticos e servizos chárter internacionais, ademais de realizar servizos de carga. A compañía ten bases no aeroporto de Roma-Fiumicino e no aeroporto de Boloña.

Mistral Air
Mistral Air LOGO.svg
IATA
M4
OACI
MSA
Indicativo
AIRMERCI
Fundación1981
Inicio das operacións1984
Aeroporto principalRoma-Fiumicino
Centros de conexión secundariosaeroporto de Boloña
Frota8
Destinos11
HoldingPoste italiane
Páxina web: https://www.mistralair.it

HistoriaEditar

Mistral Air foi fundada no ano 1981 polo actor e antigo nadador Bud Spencer e comezou a operar en 1984. A compañía foi propiedade de TNT N.V. ata marzo de 2002 cando TNT vendeulle o 75% das accións a Poste Italiane.

A aeroliña ten sido contratada pola Santa Sé do Vaticano para transportar peregrinos a lugares como Lourdes, Fátima, Santiago de Compostela, Medjugorje, Palestina, Polonia e México. O primeiro voo de Roma a Lourdes foi o 27 de agosto de 2007 transportando ao vicario de Roma, o cardeal Camillo Ruini.[2]

FrotaEditar

En maio de 2018 a frota de Mistral Air estaba formada polos seguintes avións:[3][4]

Frota de Mistral Air
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Y Total
ATR 72-200F 2 Carga
ATR 72-500 5 68 68
Boeing 737-300QC 1 144-148 144-148
Total 8

NotasEditar

  1. Mistral Air (ed.). "Contacts". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2018. Consultado o 31 de maio de 2018. 
  2. BBC (ed.). "Vatican flight service launches". Consultado o 31 de maio de 2018. 
  3. Planespotters (ed.). "Mistral Air Fleet Details and History". Consultado o 31 de maio de 2018. 
  4. Mistral Air (ed.). "Fleet". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2018. Consultado o 31 de maio de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar