Blue Air
Blue Air é unha aeroliña baseada en Bucarest,[1] cos seus principais centros de conexión no aeroporto de Bucarest-Henri Coandă e no aeroporto de Turín. Dende o ano 2016 converteuse na maior aeroliña romanesa en pasaxeiros transportados. Ese ano voaron coa compañía 3,6 millóns de pasaxeiros, cun significativo incremento en relación aos 2 millóns do ano anterior. En maio de 2017 Blue Air voaba a 70 destinos. A pesar de operar como unha aeroliña de baixo custo, a compañía introduciu bocadillos e bebidas gratis nos voos curtos, e comida quente, aperitivos e bebidas nos voos longos. Este é un feito nada habitual nunha aeroliña de baixo custo, máis aínda cando en aeroliñas tradicionais de "servizo completo" como British Airways se retiraron as comidas, aperitivos e bebidas gratis en 2017.
Blue Air | ||
---|---|---|
IATA 0B | OACI BLA | Indicativo BLUE AIR |
Fundación | 2004 | |
Inicio das operacións | 2004 | |
Plan de voo frecuente | My Blue | |
Frota | 29 | |
Páxina web: http://www.blueairweb.com/ |
Frota
editarEn xuño de 2017 a frota de Blue Air estaba formada polos seguintes avións:[2][3]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|---|
Boeing 737-300 | 1 | — | 141 | Van ser retirados |
1 | 148 | |||
Boeing 737-400 | 9 | — | 150 | |
162 | ||||
166 | ||||
168 | ||||
170 | ||||
Boeing 737-500 | 6 | — | 120 | |
126 | ||||
Boeing 737-700 | 1 | — | 144 | |
Boeing 737-800 | 11 | 6 | 189 | Entregas ata finais de 2017 |
Boeing 737 MAX 8 | — | 12 | TBA | Entregas entre 2019 e 2021 |
Total | 29 | 18 |
Notas
editar- ↑ Blue Air (ed.). "Contacteaza-ne". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 17 de outubro de 2017.
- ↑ Planespotters (ed.). "Frota de Blue Air". Consultado o 17 de outubro de 2017.
- ↑ Airfleets (ed.). "Frota de Blue Air". Consultado o 17 de outubro de 2017.