Aeroporto de Zante
O aeroporto internacional de Zante "Dionysios Solomos" (IATA: ZTH, ICAO: LGZA) é un aeroporto en Zante, Grecia. Atópase preto da cidade e praia de Kalamaki. A praia é parte do Parque nacional marino de Zante. As tartarugas mariñas comúns en perigo de extinción (Caretta caretta) poñen os seus ovos nas praias do parque mariño durante a noite dos meses de verán. Isto fai que haxa restricións no movemento de avións. Non está permitido que despeguen ou aterren avións no aeroporto entre as 10:00PM e as 5:00AM.
Aeroporto de Zante Διεθνής Αερολιμένας Ζακύνθου «Διονύσιος Σολωμός»
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | goberno de Grecia | ||
Operador | Fraport AG/Copelouzos Group | ||
Localización | Zante | ||
Elevación (msnm) | 5 metros / 15 pés | ||
Coordenadas | Coordenadas: 37°45′03″N 20°53′03″L / 37.750833333333, 20.884166666667 | ||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
16/34 | 2 228 | 7 310 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 1 115 712 |
O aeroporto inaugurouse no ano 1972. En 2003 completouse unha ampliación da plataforma ata ocupar unha superficie de 35 100 m². En 2008 inaugurouse unha nova terminal de 22 150 m². Atópase a 4,3 km da cidade de Zante e está preto dos destinos turísticos de Laganas, Tsilivi e Kalamaki. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 1 115 712 pasaxeiros.[1]
Aeroliñas e destinos
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editarNotas
editar- ↑ Civil Aviation Authority (ed.). "Zakynthos Airport". Consultado o 24 de outubro de 2017.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "British Airways adds new Heathrow – Europe routes in S17". Consultado o 4 May 2017.
- ↑ "20% More Holiday Destinations: Edelweiss to Massively Expand Its Route Network in Summer 2018". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2017. Consultado o 20 September 2017.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Eurowings adds new routes to Cyprus/Greece in S17". Consultado o 4 May 2017.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Finnair Adds New European Routes in S16". Routesonline. Consultado o 4 May 2017.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2017. Consultado o 07 de novembro de 2017.
- ↑ "Flight Timetables - Jet2.com". www.jet2.com. Consultado o 4 May 2017.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Meridiana adds seasonal Naples – Zakinthos route in S17". Consultado o 4 May 2017.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Smartwings S17 new routes as of 15DEC16". Consultado o 4 May 2017.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2017. Consultado o 07 de novembro de 2017.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Thomson outlines planned new routes in S17". Consultado o 4 May 2017.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Volotea S17 New routes as of 14OCT16". Consultado o 4 May 2017.
- ↑ http://www.volotea.com