Abrir o menú principal

Danish Air Transport A/S, normalmente abreviado como DAT, é unha aeroliña dinamarquesa con sede en Vamdrup, no municpio de Kolding. A compañía opera voos regulares e chárter de pasaxeiros e carga.

Danish Air Transport
OY-LHB ATR 72 DAT CPH 02.jpg
IATA
DX
OACI
DTR
Indicativo
DANISH
Fundación1989
SubsidiariasDOT LT
Frota19
Destinos8
Páxina web: https://dat.dk

Danish Air Transport fundouse e comezou a operar no ano 1989, inicialmente como unha aeroliña só de carga. Ao pouco tempo a compañía comezou a ofrecer operacións especiais, como o transporte de cabalos vivos ou subministracións para o Rally París-Dakar en África. Os voos de pasaxeiros comezaron en 1994 e os servizos regulares iniciáronse o 18 de novembro de 1996. DAT realiza servizos regulares entre Dinamarca e Noruega, ademais de operar servizos domésticos dentro deses paíases.[1]

Índice

FrotaEditar

En maio de 2018 a frota de Danish Air Transport estaba formada polos seguintes avións:[2]

Frota de Danish Air Transport
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Y Total
Airbus A320-200 3 180 180
Airbus A321-200 1 ? ?
ATR 42-300 3 46 46
ATR 42-500 2 48 48
ATR 72-200 6 66
68
70
66
68
70
ATR 72-500 1 Operado por Air Nostrum
McDonnell Douglas MD-82 1 165 165
McDonnell Douglas MD-83 1 165 165
Total 12 1

NotasEditar

  1. DAT (ed.). "Om DAT". Consultado o 19 de maio de 2018. 
  2. Planespotters (ed.). "Danish Air Transport (DAT) Fleet Details and History". Consultado o 19 de maio de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar