Aeroporto de Bratislava
O aeroporto M. R. Štefánik (IATA: BTS, ICAO: LZIB), tamén chamado aeroporto de Bratislava, é un aeroporto eslovaco situado a uns 9 km ao nordés do centro de Bratislava. Trátase do principal aeroporto de Eslovaquia. No ano 1993 foi bautizado na honra do xeneral Milan Rastislav Štefánik, cuxo avión se estrelou preto de Bratislava en 1919. O aeroporto é propiedade e está operado pola compañía Letisko M. R. Štefánika - Airport Bratislava, a.s. (BTS), que pertence totalmente ao goberno de Eslovaquia, a través do Ministerio de Transportes, Construción e Desenvolvemento Rexional.[1] O ano 2016 utilizaron as súas instalacións un total de 1 756 808 pasaxeiros.[2]
Aeroporto de Bratislava Letisko M. R. Štefánika
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario/Operador | Letisko M. R. Štefánika - Airport Bratislava, a.s. (BTS) | ||
Cidade/Illa | Bratislava | ||
Elevación (msnm) | 133 metros / 436 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
04/22 | 2 900 | 9 515 | formigón |
13/31 | 3 190 | 10 466 | formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 1 756 808 |
Bratislava é base para Letka Ministerstva vnútra Slovenskej republiky, a aeroliña gobernamental de Eslovaquia, ademais de para Ryanair, AirExplore, Go2Sky e Travel Service Slovakia. Durante un breve período de tempo en 2011, o aeroporto tamén foi un centro de conexións secundario para Czech Airlines. Nas súas instalacións tamén están baseadas dúas compañías de mantemento: Austrian Technik Bratislava e East Air Company. Air Livery, empresa dedicada ao pintado de avións, tamén ten instalacións no aeroporto.[3]
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarCarga
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
DHL Aviation operado por Cargoair |
Bruxelas |
DHL Aviation operado por European Air Transport Leipzig |
Leipzig/Halle |
DHL Aviation operado por RAF-Avia |
Belgrado, Skopje |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarNotas
editar- ↑ BTS (ed.). "Annual Report 2014" (PDF). Consultado o 23 de outubro de 2017.
- ↑ BTS (ed.). "V r. 2016 najvyšší počet cestujúcich za posledných 8 rokov". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2017. Consultado o 23 de outubro de 2017.
- ↑ Air Livery (ed.). "Facilities". Consultado o 23 de outubro de 2017.
- ↑ http://airtiper.com/novinka-gruzinsko-z-bratislavy/
- ↑ "Ryanair W17 new routes as of 05MAR17". Routesonline. Consultado o 5 March 2017.
- ↑ https://www.ryanair.com/de/de/