Aeroporto de Corfú-Ioannis Kapodistrias
O aeroporto internacional de Corfú, "Ioannis Kapodistrias" (IATA: CFU, ICAO: LGKR) é un aeroporto na illa grega de Corfú. Opera tanto voos regulares como chárter cara varias cidades europeas. O tráfico no aeroporto chega ao seu pico durante a estación de verán, entre os meses de abril e outubro. O aeroporto Ioannis Kapodistrias, chamado así por Ioannis Kapodistrias, diplomático do Imperio Ruso e primeiro xefe de estado da Grecia independente.[1] Atópase situado a uns 2 km ao sur da cidade de Corfú e a medio quilómetro ao norte de Pontikonisi.
Aeroporto de Corfú-Ioannis Kapodistrias Κρατικός Αερολιμένας Κέρκυρας "Ιωάννης Καποδίστριας"
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | goberno de Grecia | ||
Operador | Fraport AG/Copelouzos Group | ||
Cidade/Illa | Corfú | ||
Localización | Garitsa | ||
Elevación (msnm) | 2 metros / 6 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
17/35 | 2 373 | 7 785 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 2 788 923 |
Historia
editarO aeroporto fundouse en 1937. Durante a segunda guerra mundial foi usado polas forzas alemás e italianas como base para avións de transporte e de caza. Durante a guerra a lonxitude da pista era de 600 metros. A finais de abril de 1949 a súa lonxitude chegou aos 800 metros. En 1951 aumentaríase ata os 1 260 para poder operar con avións de maior tamaño. A seguinte e derradeira extensión da pista comzou en 1957 e completouse dous anos despois, chegando aos 2 373 metros de lonxitude.
O primeiro voo comercial no aeroporto tivo lugar o 19 de abril de 1949 dende Atenas operado por TAE Greek National Airlines. O 2 de setembro de 1950 HELLAS tamén comezou a operar en Corfú. No ano 1962 construíuse unha pequena terminal de pasaxeiros, que no presente aínda é usada polo Aeroclube de Corfú. En abril de 1965 o aeroporto tivo o seu primeiro voo internacional, operado por Olympic Airlines. A construción da nova terminal de pasaxeiros comezou en 1968 e rematou en 1972.[2]
En decembro de 2015 completouse a privatización do aeroporto de Corfú, xunto con outros 13 aeroportos rexionais de Grecia, coa sinatura do acordo entre Fraport AG/Copelouzos Group e o Fondo de Desenvolvemento de Activos da República Helénica, un fondo de privatización estatal.[3] Segundo o acordo, a empresa conxunta operaría os 14 aeroporto durante 40 anos dende o 11 de abril de 2017.
Aeroliñas e destinos
editarNotas
editar- ↑ Chapman, William Philip (1993). Karystos: city-state and country town. Uptown Press. p. 163.
- ↑ "Airport History". corfu-airport.com. Consultado o 31 de outubro de 2017.
- ↑ "Greece signs privatization of 14 regional airports with Germany's Fraport". Tornos News. Consultado o 31 de outubro de 2017.
- ↑ "Aegean Airlines adds Corfu – Moscow in S18". Routes Online. Consultado o 31 de outubro de 2017.
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2015. Consultado o 2014-10-02.
- ↑ https://www.condor.com/eu/book-plan/flight/timetable.jsp
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Condor Adds New Short-Haul Services in S14". Routesonline. Consultado o 4 May 2017.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Condor Adds New Greek Routes in S17". Consultado o 4 May 2017.
- ↑ "easyJet adds 20 new routes for summer 2015". EasyJet. 10 December 2014.
- ↑ "New routes for summer 2015". easyJet. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2015. Consultado o 31 de outubro de 2017.
- ↑ "Tour operator Mouzenidis Travel". Arquivado dende o orixinal o 23-01-2017. Consultado o 4 May 2017.
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/274902/eurowings-s18-new-short-haul-routes-as-of-21sep17/
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/274369/eurowings-s18-new-routes-as-of-17aug17/
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Finnair plans new European routes in S17". Consultado o 4 May 2017.
- ↑ 15,0 15,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2017. Consultado o 31 de outubro de 2017.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 31 de outubro de 2017.
- ↑ "Aegean Airlines". aegeanair.com. Consultado o 7 November 2015.
- ↑ "New Corfu Base (No. 75) To Open As Ryanair Doubles Traffic". corporate.ryanair.com. 14 October 2015. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 14 October 2015.
- ↑ "Flight timetables". gatwickairport.com. Consultado o 5 May 2015.
- ↑ 20,0 20,1 "SmartWings Flight schedule". smartwings.com.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Smartwings Plans Hungary Operations June – Sep 2015". Routesonline. Consultado o 4 May 2017.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "SmartWings Plans New Routes in S15". Routesonline. Consultado o 4 May 2017.
- ↑ Choose Flights Arquivado 15 de agosto de 2014 en Wayback Machine.. Thomas Cook Airlines (1 October 2012). Retrieved on 20 August 2013.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Travel Service Hungary Adds New Routes in S15". Routesonline. Consultado o 4 May 2017.
- ↑ "Thomson Airways - Flights from Thomson". www.thomson.co.uk. Consultado o 4 May 2017.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Thomson outlines planned new routes in S17". Consultado o 4 May 2017.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "TUI Belgium outlines S17 new French / Italian routes". Consultado o 4 May 2017.
- ↑ volotea (21 March 2017). "VOLOTEA - Cheap flights, offers and plane tickets to Europe". Volotea. Consultado o 4 May 2017.
- ↑ "Página no encontrada « vuelingnews. La información al punto de Vueling". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 4 May 2017.