Travel Service, a.s. é unha aeroliña chárter checa. É a aeroliña máis grande da República Checa e ten a súa sede no aeroporto de Praga.[1] Opera voos chártes principalmente cara a destinos de vacacións, e tamén aluga avións a outras aeroliñas, tanto con tripulación como sen ela.Tamén opera voos regulares baixo a marca SmartWings.[2] A compañía ten subsudiarias en Polonia, Hungría e Eslovaquia.

Travel Service
IATA
QS
OACI
TVS
Indicativo
SKYTRAVEL
Fundación1998
Aeroporto principalAeroporto de Praga
SubsidiariasTravel Service Polska
Travel Service Slovakia
Travel Service Hungary
SmartWings
Czech Airlines
Frota32
Destinos92
Páxina web: https://www.travelservice.aero/

Historia

editar

Travel Service fundouse no ano 1998. O 18 de setembro de 2007 o Icelandair Group mercou o 50% das súas accións e en abril de 2008 tiña o 80% da compañía.[3] No mes de decembro reducíu a súa participación a un 66% vendendo accións a Unimex.[4] Durante o ano 2009 Icelandair iría desfacéndose do resto das súas accións en Travel Service.

O grupo de investidores chinés CEFC China Energy mantén un 49,9% das accións de Travel Service.[5]

No ano 2017 Travel Service mercou o 44% das accións que Korean Air tiña de CSA Czech Airlines, sumando así o 98% das súas accións. En outubro dese ano anunciouse que Travel Service planeaba cambiar a súa marca dunha aeroliña a un conglomerado, movendo todas as súas operacións á marca SmartWings.[6]

En febreiro de 2018 a frota de Travel Service estaba formada polos seguintes avións (esta lista tamén inclúe todos os avións coa librea de SmartWings, xa que todos eles están operados por Travel Service):[7][8]

 
Travel Service cecibiu o seu primeiro Boeing 737 MAX en xaneiro de 2018
 
Boeing 737-800 de Travel Service
Frota de Travel Service
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Boeing 737-700 2 148 148 Both in SmartWings livery
Boeing 737-800 26 3 18 150 168 17 coa librea de SmartWings
Un coa librea da Rexión de Moravia-Silesia
189 189
Boeing 737-900ER 2 212 212
Boeing 737 MAX 8 1 38[9] 189 189[9] Con librea de SmartWings
Entregas 2018–2021
Total 32 41
 
Boeing 737-800 coa librea de SmartWings
  1. Travel Service (ed.). "Contact us". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2018. 
  2. SmartWings (ed.). "Contact". Consultado o 30 de marzo de 2018. 
  3. Flight Global (ed.). "Icelandair strikes again". Consultado o 30 de marzo de 2018. 
  4. Air Transport World (ed.). "Icelandair Group signs LOI to acquire Czech airline operator Travel Service". Consultado o 30 de marzo de 2018. 
  5. China Travelnews (ed.). "Chinese-backed firm Travel Service to take over Czech Airlines". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2018. 
  6. ch-aviation (ed.). "Czech Airlines has new owner as Travel Service ups stake". Consultado o 30 de marzo de 2018. 
  7. CAA (ed.). "Vyhledávání v leteckém rejstříku". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2018. 
  8. Travel Service (ed.). "Fleet". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2018. 
  9. 9,0 9,1 Idnes (ed.). "Travel Service nakoupí další stroje, budou mít internet". Consultado o 30 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar