Condor Flugdienst

Condor Flugdienst GmbH, comercializada como Condor, é unha aeroliña de vacacións alemá baseada en Frankfurt. Opera voos regulares a destinos de lecer no Mediterráneo, Asia, África, Norteamérica, Suramérica e o Caribe. A súa base principal atópase no aeroporto de Frankfurt, dende a cal saen a meirande parte dos seus voos de longa distancia. Ten ademais bases secundarias para voos mediterráneos nos aeroportos de Múnic (de onde tamén parten voos de longa distancia), Hamburgo, Hannover, Düsseldorf, Stuttgart, Leipzig/Halle e Berlín-Schönefeld.

Condor
IATA
DE
OACI
CFG
Indicativo
CONDOR
Fundación1955
Inicio das operacións1956
Plan de voo frecuenteMiles & More
Frota42
Destinos90
Eslogan da compañíaWir lieben fliegen
SedeFrankfurt
Páxina web: https://www.condor.com

Condor é a terceira aeroliña alemá máis grande en tamaño de frota e pasaxeiros transportados. É unha subsidiaria do Thomas Cook Group británico, pero aínda comparte co seu antigo dono, Lufthansa, o seu programa de viaxeiro frecuente Miles & More, e as súas salas business no aeroporto de Frankfurt. Condor Airlines é tamén socio do Mileage Plan de Alaska Airlines.[1]

En agosto de 2017 a frota de Condor estaba formada polos seguintes avións:[2]

Frota de Condor
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
B Y+ Y Total
Airbus A320-200 9 24 156 180
Airbus A321-200 7 24 186 210
196 220
Boeing 757-300 10 26 249 275
Boeing 767-300ER 16 18 35 205 258
180 233
Total 42

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  1. Condor (ed.). "Condor wird neuer Meilen Partner von Alaska Airlines". Consultado o 9 de outubro de 2017. 
  2. "Global Airline Guide 2017 (Part One)". Airliner World (Key Publishing Ltd) (outubro de 2017): 14.