Aeroporto de Norwich
O aeroporto de Norwich (IATA: NWI, OACI: EGSH) é un aeroporto internacional menor inglés en Hellesdon, Norfolk, a 5,2 quilómetros ao norte de Norwich. No ano 2017 foi o 26º aeroporto máis concorrido do Reino Unido e o máis concorrido da rexión de Anglia Oriental con 533 663 pasaxeiros.[1]
Aeroporto de Norwich Norwich Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Regional & City Airports | ||
Operador | Norwich Airport Limited | ||
Cidade/Illa | Norwich | ||
Elevación (msnm) | 36 metros / 117 pés | ||
Coordenadas | Coordenadas: 52°40′33″N 1°16′58″L / 52.6758, 1.28278 | ||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
09/27 | asfalto/formigón | ||
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 533 663[1] |
Xunto cunha longa historia de voos cara Ámsterdam-Schiphol con KLM Cityhopper, o aeroporto ofrece voos a varios destinos no Reino Unido e Europa. Ademais das operacións regulares, Norwich tamén opera voos chárter. Bristow Helicopters, DanCopter e Babcock Mission Critical Services Offshore transporta persoal ás plataformas de gas do mar do Norte e SaxonAir opera servizos con avións executivos e voos chárter con helicópteros.
O aeroporto instalouse no mesmo lugar que unha antiga base da Royal Air Force a comezos dos 70 baixo a propiedade das autoridades locais. Posteriormente foi vendido a mans privadas.
Aeroliñas e destinos
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
Aurigny | Estacional: Guernsey |
BH Air | Chárter estacional: Burgas |
Flybe | Aberdeen, Alacant, Exeter, Málaga Estacional: Jersey |
KLM | Ámsterdam |
Loganair | Edimburgo, Manchester Estacional: Jersey, Inverness (comeza en xuño de 2018) |
Thomas Cook Airlines | Estacional: Dalaman (comeza en maio de 2018)[2] |
TUI Airways | Tenerife-Sur Estacional: Corfú, Gran Canaria, Heraclión (comeza en maio de 2018),[3] Dalaman (comeza en maio de 2018),[4] Eivisa, Menorca, Palma de Mallorca, Paphos, Rodas |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Civil Aviation Authority (ed.). "Airport data 2017". Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ Thomas Cook Airlines (ed.). "Timetable". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ Norwich Airport (ed.). "Thomson & First Choice introduce new route to Crete". Consultado o 9 de abril de 2018.
- ↑ Norwich Airport (ed.). "TUI adds Dalaman, Turkey to summer programme from Norwich Airport". Consultado o 9 de abril de 2018.