Abrir o menú principal

Thomas Cook Airlines (UK) Limited é unha aeroliña británica baseada en Manchester, Inglaterra. Opera voos vacacionais a destinos de todo o mundo dende as súas bases principais nos aeroportos de Manchester e Londres-Gatwick. Tamén opera servizos dende outras oito bases en todo o Reino Unido.

Thomas Cook Airlines
G-TCDM A321 Thomas Cook VGO.jpg
IATA
MT
OACI
TCX
Indicativo
KESTREL
Fundación31 de marzo de 2003
Frota34
Destinos72
HoldingThomas Cook Group
Eslogan da compañíaLet's Go!
SedeManchester
Páxina web: https://www.thomascookairlines.com/

Formouse ao cambiar a marca de JMC Air en 2003. Tras a fusión de MyTravel Group con Thomas Cook en 2008, Thomas Cook Airlines UK Ltd fusionouse con MyTravel Airways.

Thomas Cook Airlines é parte da división de aeroliñas do Thomas Cook Group, formada por varias aeroliñas irmás, todas elas mantendo unha xestión conxunta das súas frotas: Thomas Cook Airlines Belgium, Thomas Cook Airlines Scandinavia e a alemá Condor. A aeroliña ten unha licenza de operación de tipo A da Autoridade de Aviación Civil británica que lle permite transportar pasaxeiros, carga e correo en avións con 20 ou máis asentos.[1]

Índice

FrotaEditar

En outubro de 2017 a frota de Thomas Cook Airlines estaba formada polos seguintes avións:[2][3]

Frota de Thomas Cook Airlines
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
P Y Total
Airbus A320-200 1 180 180 Transferido dende Thomas Cook Airlines Belgium[4]
Airbus A321-200 21 220 220 Seis avións máis serán transferidos dende Condor[5]
Airbus A330-200 6 52 261 313
49 265 314
49 273 322
Boeing 757-300 5 275 275 Serán trasferidos a Condor[5]
280 280
Boeing 767-300ER 2 326 326
Total 35

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

NotasEditar

  1. Civil Aviation Authority (ed.). "Airline license holders". Consultado o 9 de novembro de 2017. 
  2. Civil Aviation Authority (ed.). "GINFO Search Results Summary". Consultado o 9 de novembro de 2017. 
  3. Thomas Cook (ed.). "Our Fleet". Consultado o 9 de novembro de 2017. 
  4. ch-aviation (ed.). "Thomas Cook Airlines Belgium ceases all operations". Consultado o 9 de novembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 ch-aviation (ed.). "Condor to expand Frankfurt B757 capacity from 4Q17". Consultado o 9 de novembro de 2017.