Aeroporto de Talín
O aeroporto de Talín (IATA: TLL, ICAO: EETN), tamén coñecido oficialmente como aeroporto Lennart Meri Talín,[1] é o aeroporto máis grande de Estonia. O aeroporto serve de centro de conexións para as aerolinas NyxAir, airBaltic,[2] Airest e SmartLynx Airlines Estonia. Tamén era o centro de operacións das defuntas aeroliñas nacionais Estonian Air e Nordica.
Aeroporto de Talín Tallinna lennujaam
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Tallinn Airport Ltd | ||
Cidade/Illa | Talín | ||
Elevación (msnm) | 40 metros / 131 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
08/26 | 3 480 | 11 417 | asfalto/formigón |
Estatísticas (2024) | |||
Pasaxeiros | 3 491 799 | ||
Movementos | 38 044 |
O aeroporto está situado a 5 km ao sueste do centro de Talín, na ribeira leste do lago Ülemiste. Anteriormente era coñecido como aeroporto de Ülemiste.
Ten unha única pista de asfalto/formigón, 08/26, que mide 3 480 × 45 m e é o suficientemente longa para que operen avións de fuselaxe ancha como o Boeing 747. Dende o 29 de marzo de 2009 é coñecido oficialmente como aeroporto Lennart Meri Talín,[1] na honra do líder do movemento de independencia estoniano e segundo presidente do país Lennart Meri. No ano 2024 pasaron polas súas instalacións un total de 3 492 114 pasaxeiros, un 18% máis que o ano anterior.[3]
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Historia
editarPrimeiros anos
editarAntes de establecer o actual aeroporto na área de Ülemiste, o aeródromo de Lasnamäe era o principal aeroporto de Talín, servindo de base para a aeroliña Aeronaut. Despois de que Aeronaut quebrase en 1928, os servizos aéreos foron continuados por Deruluft, que usaba no seu lugar o aeródromo de Nehatu, a 12 km do centro de Talín. A primeiro peirao de hidroavións nas beiras do lago Ülemiste foi construído entre 1928 e 1929 para servir a hidroavións fineses, e o uso deste peirao rematou na segunda guerra mundial. O 26 de marzo de 1929 o Riigikogu aprobou unha lei de expropiación para establecer un aeroporto público. Expropiáronse dez hectáreas de terra á sociedade anónima Dvigatel e outras 22 hectáreas aos descendentes de Vagner. Pagáronse 10 millóns de sents aos terratenentes como indemnización. As obras de nivelación e renovación do terreo requiriron outros 5 millóns de sents.[4]
A construción do aeroporto de Talín comezou o 16 de novembro de 1931, e a primeira aterraxe de proba foi realizada polo capitán Reissar pilotando un Avro 594 Avian da Forza Aérea de Estonia.[5] O aeroporto inaugurouse oficialmente o 20 de setembro de 1936, aínda que xa levaba bastante tempo sendo operativo. LOT Polish Airlines, que realizara o seu primeiro voo de pasaxeiros a Talín o 18 de agosto de 1932 cun Fokker F.VIIb/3m dende o aeródromo de Lasnamäe,[6] moveu posteriormente todos os seus voos ao aeroporto de Talín e xa en 1935 tiña 6 chegadas e saídas de media cada día. En abril de 1935 construíuse unha rampla para hidroavións na beira do Ülemiste, xunto cunha pequena ponte de arco e unha oficina de aduanas, permitindo relocalizar aos hidroavións. Ese mesmo ano levantouse o edificio de administración do aeroporto e inicialmente tamén serviu como un lugar de espera para os pasaxeiros. O custe total de todo o proxecto do aeroporto, incluída a construción dos hangares, foi de 25 millóns de sents.[4][7]
Como a primeira pista de aterraxe tiña unha superficie branda non se podía usar nas estacións de primavera e outono. Polo tanto, só os hidroavións estacionados no lago eran capaces de realizar voos, e durante os meses de invernos os avións máis pequenos podían usar a superficie conxelada do lago como pista. As pistas pavimentadas de formigón, estreadas xunto coa inauguración do aeroporto, eran duns 300 metros de longo e uns 40 de ancho. Como estaban dispostas en forma de triángulo,[8] permitían engalaxes e aterraxes en seis direccións. Estas foron as primeiras pistas pavimentadas con formigón en Estonia, e necesitáronse case 5 400 metros cúbicos de pedra, uns 4 100 de áridos de construción e 137 toneladas de cemento para construílas. Durante as obras colocáronse ademais 3 km de tubaxes para drenaxe.[5]
Antes da segunda guerra mundial o aeroporto de Tallin tiña conexións regulares co estranxeiro a través de Aerotransport (agora parte do Grupo SAS),[4] Deutsche Luft Hansa, LOT e a compañía finesa Aero (agora Finnair). O 5 de abril de 1937 o Sr. Bobkowski, axudante do ministro de Transporte polaco, inaugurou a ruta Helsinqui-Talín-Varsovia-Xerusalén. A lonxitude da ruta era de 3 187 quilómetros e o tempo de viaxe era de 34 horas. O número de pasaxeiros e carga creceu rapidamente, pasando de 4 100 pasaxeiros e 6 730 kg de carga en 1933 a 11 892 pasaxeiros e 14 726 kg de carga en 1937. Os traballos de preparación e deseño para unha nova terminal de pasaxeiros comezaron en 1938. Presentáronse 14 proxectos diferentes para o concurso de arquitectura do novo edificio da terminal, gañando o concurso o proxecto do arquitecto Artur Jürvetson en febreiro do mesmo ano. Os custos de construción estimáronse en 300 000 coroas estonianas. O primeiro avión da entón compañía aérea de bandeira de Estonia, AGO, chegou ao aeroporto de Talín o 5 de outubro de 1939, realizando a ruta Dessau-Königsberg-Talín.
Cando Estonia estaba ocupada pola Unión Soviética, o 22 de xullo de 1940 as autoridades de ocupación soviéticas deron a orde de transferir o aeroporto ás Forzas Aéreas Soviéticas. Todas as aeronaves que estaban no aeroporto nese momento, incluídos un Lockheed 14 polaco, dous Junkers Ju 52 da AGO e avións de adestramento PTO-4 do Aeroclub de Estonia, foron trasladados ao aeródromo de Lasnamäe.
Durante a ocupación alemá anunciáronse conexións internacionais regulares o 16 de outubro e restablecéronse o 15 de novembro de 1941, cando Deutsche Lufthansa e Aero O/Y iniciaron a ruta Helsinqui-Talín-Riga-Königsberg-Berlín. De 1942 a 1944 a unidade Sonderstaffel Buschmann, composta por estonianos, tivo a súa base no aeroporto de Talín.[5]
Período soviético
editarDende 1945 ata 1989, os voos a Talín só eran posibles dentro da Unión Soviética e só con avións de Aeroflot.
A construción da nova terminal de pasaxeiros, que fora paralizada debido á guerra, retomouse. O edificio, que foi redeseñado de acordo coa arquitectura estalinista, rematouse en 1954 e púxose en servizo o 7 de novembro de 1955. Os voos regulares con avións a reacción comezaron o 2 de outubro de 1962 cun voo inaugural de pasaxeiros dende Moscova cun Tu-124, que era o último avión de pasaxeiros soviético.[9] Como a terminal construída en 1954 quedou obsoleta e incapaz de facer fronte ao crecente tráfico aeroportuario, a construción do edificio da terminal actual comezou en 1976, inaugurándose en 1980, antes da proba de vela dos Xogos Olímpicos de Verán de 1980 que se celebrou na cidade. O arquitecto da nova terminal foi Mihhail Piskov, que se inspirou visualmente nos tradicionais celeiros estonianos, e a deseñadora de interiores foi Maile Grünberg. A pista tamén se alongou. A primeira aeroliña estranxeira dende a segunda guerra mundial en operar voos regulares desde Tallin foi SAS, cuxo primeiro voo ao aeroporto tivo lugar o 25 de novembro de 1989.
Desenvolvemento moderno
editarAs obras de construción da primeira terminal de carga, situada no medio da futura zona de carga no lado norte do aeroporto, leváronse a cabo desde setembro de 1997 ata marzo de 1998.[10] O edificio da terminal de pasaxeiros modernizouse completamente en 1999, aumentando a súa capacidade a 1,4 millóns de pasaxeiros ao ano,[4] e, posteriormente, ampliouse considerablemente en 2008. A crecente demanda de espazo adicional para as operacións de carga creou unha situación na que houbo unha necesidade de expansión da zona de carga cunha nova terminal.[10] E para satisfacer a crecente demanda de novas instalacións de carga no aeroporto de Talín, o número de terminais de carga ampliouse posteriormente a catro. No ano 2012 inaugurouse un novo hangar de mantemento de aeronaves e o número de pasaxeiros superou a marca dos dous millóns por primeira vez na historia do aeroporto. O 11 de xaneiro de 2013 o aeroporto foi aceptado no programa de xestión e redución de emisións de Acreditación de Carbono Aeroportuario por parte da ACI.[11] No ano 2013 introduciuse un sistema automático de control fronteirizo e comezou a construción dun novo complexo de hangares para a aviación executiva.
Ampliación de 2008
editarO aeroporto foi sometido a un amplo proxecto de expansión entre xaneiro de 2006 e setembro de 2008. A terminal existente ampliouse en 35 000 m2 e os arquitectos do proxecto foron Jean Marie Bonnard, Pia Tasa e Inge Sirkel-Suviste.[12] A terminal ampliouse en tres direccións, o que resultou en 18 novas portas de embarque, salas de espera separadas para pasaxeiros Schengen e non Schengen, 10 novos mostradores de facturación e un novo restaurante e cafeterías. Debido á galería que conecta todas as portas e que se construíu no medio do edificio da terminal, esta adoptou forma de T. A sección proxectada da terminal permite un tráfico de dous niveis para pasaxeiros internacionais. A terminal renovada ten nove pasarelas de pasaxeiros. As extensións construídas nos extremos do edificio da terminal convertéronse en salas adicionais para rexistrarse nos voos e para entregar a equipaxe das chegadas.[13] Fóra da terminal, a plataforma foi reformada e ampliada e engadiuse unha nova pista de rodaxe. A nova terminal permite que o aeroporto poida xestionar o dobre de pasaxeiros dos que podía xestionar antes. A terminal renovada recibiu o premio "Edificio de formigón do ano 2008" pola Asociación Estoniana do Formigón.[12]
Cambio de nome
editarTras o falecemento do expresidente de Estonia, Lennart Meri, o 14 de marzo de 2006, o xornalista Argo Ideon, de Eesti Ekspress, propuxo honrar a memoria do presidente nomeando o aeroporto de Talín no seu nome: "Tallinna Lennart Meri Rahvusvaheline Lennujaam" (Aeroporto Internacional Lennart Meri), establecendo paralelismos co aeroporto internacional John F. Kennedy, o aeroporto Charles de Gaulle, ou o aeroporto internacional Sabiha Gökçen. O artigo de Ideon tamén mencionaba o feito de que o propio Meri mostrara preocupación no seu momento polo estado da construción da era soviética (nun caso memorable, Meri, chegado do Xapón, levou o grupo de xornalistas que o esperaban aos baños do aeroporto para facer alí a entrevista, co fin de sinalar o lamentable estado das instalacións).[14]
O cambio de nome foi discutido nunha reunión da xunta directiva o 29 de marzo de 2006,[15] e na inauguración da nova terminal o 19 de setembro de 2008 o primeiro ministro Andrus Ansip anunciou oficialmente que o cambio de nome tería lugar en marzo de 2009.
Cruceiros no mar Báltico
editarEn 2011 lanzouse un novo proxecto de escalas de cruceiros en colaboración co porto de pasaxeiros de Talín e Happy Cruises. Máis de 7 000 pasaxeiros españois viaxaron ese ano en voos chárter dende e cara ao aeroporto de Talín.[16] Como o aeroporto está situado a só 5 km do peirao de cruceiros do centro da cidade, o tempo de traslado do aeroporto aos cruceiros é inferior a unha hora.[17]
En 2012 Pullmantur Air comezou as súas operacións de voos chárter dende o aeroporto de Madrid-Barajas con tres Airbus A321 e entre dous e tres Boeing 747. Durante o verán de 2012 trasladáronse uns 16 000 turistas. A compañía continuou as operacións en 2013, trasladando 25 000 turistas en cinco escalas,[18] así como unha escala parcial para o cruceiro MS Deutschland operado por Peter Deilmann Cruises.[19]
En 2015 catro aeroliñas atenderon aos turistas de cruceiros: Iberia, Iberia Express, Wamos Air e Vueling. Esperábanse uns 5 000 pasaxeiros durante tres escalas para a liña de cruceiros Pullmantur Cruises.[20] O aeroporto de Tallin atendeu a 9 369 pasaxeiros de cruceiros con escalas en 2015.
Instalacións
editarHai unha terminal de pasaxeiros e catro terminais de carga no aeroporto. Están situadas á dereita do limiar da pista 08, e a pista 26 está conectada ao segmento da terminal por unha pista de rodaxe paralela da mesma lonxitude que a pista.
Terminal de pasaxeiros
editarA terminal de pasaxeiros ten forma de T e atópase no extremo oeste das instalacións aeroportuarias. Conta con 21 portas de embarque, once para pasaxeiros que voan dentro do espazo Schengen e as dez restantes para destinos non-Schengen.[21][22] A terminal conta con sete pasarelas de embarque.
Terminais de carga
editarO aeroporto de Talín ten 4 terminais de carga cun espazo total de almacenamento duns 11 600 m2.[23] O tamaño do almacén en Cargo 1 é de 3 601 m2 e 2 066 m2 están dedicados á zona de oficinas. A terminal de carga está operada por diferentes operadores (incluídos integradores) e Tallinn Airport Ltd. só actúa como arrendador. O tamaño do almacén de Cargo 2 é de 1 255 m2 e 758 m2 están dedicados a espazo de oficinas. Cargo 2 está operado por TNT Express Worldwide.[10] Outros operadores loxísticos inclúen DHL, UPS e FedEx.
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarCarga
editarEstadísticas
editarO total de pasaxeiros que usaron o aeroporto aumentou de media un 14,2% dende 1998. O 20 de novembro de 2016 o aeroporto de Tallinn alcanzou a marca de dous millóns de pasaxeiros por primeira vez na súa historia.[44] Os datos de pasaxeiros reflicten os voos internacionais e nacionais combinados, a porcentaxe de voos nacionais en comparación cos voos internacionais foi marxinal.
Ano | Pasaxeiros totais | Movementos de avións | Carca total |
---|---|---|---|
1992 | 205 776 | 11 000 | 1 124 |
1993 | 239 760 | 12 170 | 1 417 |
1994 | 336 282 | 13 378 | 2 362 |
1995 | 366 919 | 13 784 | 2 488 |
1996 | 431 212 | 16 695 | 3 997 |
1997 | 502 442 | 21 455 | 5 590 |
1998 | 563 946 | 24 951 | 5 991 |
1999 | 550 747 | 23 590 | 5 326 |
2000 | 559,658 | 23,358 | 4,690 |
2001 | 573,493 | 23,633 | 4,543 |
2002 | 605,697 | 26,226 | 4,292 |
2003 | 715,859 | 25,294 | 5,080 |
2004 | 997,461 | 28,149 | 5,237 |
2005 | 1,401,059 | 33,610 | 9,937 |
2006 | 1,541,832 | 33,989 | 10,361 |
2007 | 1,728,430 | 38,844 | 22,764 |
2008 | 1,811,536 | 41,654 | 41,867 |
2009 | 1,346,236 | 32,572 | 21,001 |
2010 | 1,384,831 | 33,587 | 11,960 |
2011 | 1,913,172 | 40,298 | 18,371 |
2012 | 2,206,692 | 48,531 | 23,921 |
2013 | 1,958,801 | 37,856 | 20,941 |
2014 | 2,017,371 | 37,791 | 19,860 |
2015 | 2,166,663 | 41,513 | 16,156 |
2016 | 2,221,615[45] | 40,938 | 13,940 |
2017 | 2,648,361[46] | 45,235[46] | 11,345[46] |
2018 | 3,007,644 | 48,568 | 11,518 |
2019 | 3,267,909[47] | 47,867[47] | 10,916[47] |
2020 | 863,589 | 22,962[48] | 9,190[48] |
2021 | 1,301,066 | 26,689 | 10,560 |
2022 | 2,748,429 | 38,044 | 11,127 |
2023 | 2,961,564 | 38,115 | 8,753 |
2024 | 3 492 114[3] | 9 909[3] |
Aeroporto | Pasaxeiros | Aeroliñas | |
---|---|---|---|
1 | Estocolmo-Arlanda | 321 386 | Ryanair, SAS |
2 | Helsinqui | 302 397 | Finnair |
3 | Riga | 299 091 | airBaltic |
4 | Frankfurt | 295 892 | Lufthansa |
5 | Londres (Luton, Gatwick e Stansted) | 206 085 | airBaltic, Ryanair, Wizz Air |
6 | Varsovia-Chopin | 204 971 | LOT Polish |
7 | Milán (Bergamo e Malpensa) | 140 429 | Ryanair, Wizz Air |
8 | Antalya | 114 716 | Pegasus, SunExpress, Turkish |
9 | Berlín | 99 421 | airBaltic, Ryanair |
10 | Ámsterdam | 96 614 | airBaltic |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Lennart Meri nimi lennujaama katusel maksnuks miljon krooni - Eesti Ekspress - Uudised, Eesti, Maailm, Ilm, Meelelahutus, Video, Raadio- & Telesaade, Arvamuslood". web.archive.org. 2009-03-22. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2009. Consultado o 2025-04-29.
- ↑ Estonian World (ed.). "Latvian airBaltic becomes number one airline in Estonia". Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 "Annual reports and statistics". Airport (en inglés). Consultado o 2025-04-30. Erro na cita: Etiqueta
<ref>
non válida; o nome ":3" está definido varias veces con contidos diferentes - ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "70-aastane Tallinna lennujaam alustas Ida-Euroopa suurimana". Eesti Päevaleht (en estoniano). Consultado o 2025-04-29.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Lasnamäe unustatud sõjaväelennuvälja lugu" (en inglés). Consultado o 2025-04-29.
- ↑ "Tallinnast Varssavi 80 aastat järjest". Reis (en estoniano). 2012-08-31. Consultado o 2025-04-29.
- ↑ "Tallinna Lennujaam - Huvitavaid fakte Tallinna lennujaamast". web.archive.org. 2012-12-25. Archived from the original on 25 de decembro de 2012. Consultado o 2025-04-29.
- ↑ "Tallinna Lennujaam 75: Vesilennukite kaist Aasia lendude hub’iks « GO Reisiajakiri". web.archive.org. 2015-04-02. Archived from the original on 02 de abril de 2015. Consultado o 2025-04-29.
- ↑ "ТУ-124". web.archive.org. 2012-08-12. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2012. Consultado o 2025-04-29.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 "Tallinn Airport - Cargo Terminal". web.archive.org. 2011-07-01. Archived from the original on 01 de xullo de 2011. Consultado o 2025-04-29.
- ↑ "Tallinn Airport - Tallinn Airport received Airport Carbon Accredited certificate". web.archive.org. 2013-03-31. Archived from the original on 31 de marzo de 2013. Consultado o 2025-04-29.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 "Reconstruction of the passenger terminal of Tallinn airport". novarc.ee. Consultado o 2025-04-30. Erro na cita: Etiqueta
<ref>
non válida; o nome ":4" está definido varias veces con contidos diferentes - ↑ "Tallinn Airport - The Cohesion Fund projects". web.archive.org. 2013-03-29. Archived from the original on 29 de marzo de 2013. Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "Tallinn Airport". web.archive.org. 2006-03-14. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2006. Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "Postimees: Lennujaama nõukogu arutab nimevahetust". web.archive.org. 2007-10-12. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "Tallinn Airport - 1,9 million passengers served in 2011". web.archive.org. 2015-04-02. Archived from the original on 02 de abril de 2015. Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "Pullmantur revives Tallinn's turnaround sector". www.cruisebusiness.com. Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "Pööringuga käis Eestis 25 000 hispaanlast". Ärileht (en estoniano). Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "Tallinna kьlastab suvehooaja esimene kruiisilaev Astor". Tallina Sadam. Archived from the original on 01 de xullo de 2013. Consultado o 30 de abril de 2025.
- ↑ "Tallinn Airport - Turnaround season begins this weekend". web.archive.org. 2015-07-12. Archived from the original on 12 de xullo de 2015. Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "Floor 1: Gates". airport.ee. Consultado o 30 de abril de 2025.
- ↑ "Floor 0: Gates". airport.ee. Consultado o 30 de abril de 2025.
- ↑ "Tallinn Airport Annual report 2016" (PDF). tallinn-airport.ee. Consultado o 30 de abril de 2025.
- ↑ "Aegean Airlines NS23 International Network Additions – 06FEB23". AeroRoutes (en inglés). Consultado o 2025-04-29.
- ↑ 25,0 25,1 25,2 25,3 Orban, André (2024-09-04). "airBaltic launches 16 new routes across the Baltic States, expands connectivity". Aviation24.be (en inglés). Consultado o 2025-04-29.
- ↑ "Delta Begins airBaltic Codeshare Service From late-Nov 2023". AeroRoutes (en inglés). Consultado o 2025-04-29.
- ↑ "airBaltic NW22 Network Changes – 04SEP22". AeroRoutes (en inglés). Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "airBaltic Outlines Leased A320 Network in NS23". AeroRoutes (en inglés). Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "airBaltic NS24 Network Changes – 03SEP23". AeroRoutes (en inglés). Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "airBaltic NW24 Network Changes – 20MAR24". AeroRoutes (en inglés). Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "airBaltic NW23/NS24 Vilnius Selected Market Service Changes". AeroRoutes (en inglés). Consultado o 2025-04-30.
- ↑ Orban, André (2023-08-29). "airBaltic announces 11 new routes in Summer 2024". Aviation24.be (en inglés). Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "Air Montenegro to launch regular Baltic charters". 2023-03-24. Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "Eurowings NS24 Network Additions – 30NOV23". AeroRoutes (en inglés). Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "Finnair NS24 European Frequency Increases – 18JUN23". AeroRoutes (en inglés). Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "Jet2 expands summer and winter programmes with launch of five brand-new destinations". Jet2. Consultado o 30 de abril de 2025.
- ↑ "LOT Polish Airlines NW24 E195-E2 Network Overview – 08SEP24". AeroRoutes (en inglés). Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "Lufthansa NW24 Europe Frequency Changes – 27OCT24". AeroRoutes (en inglés). Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "Lufthansa NW24 Europe Frequency Changes – 26MAY24". AeroRoutes (en inglés). Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "SAS NW24 Europe Service Changes – 27OCT24". AeroRoutes (en inglés). Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "SWISS NW24 Europe Frequency Changes – 27OCT24". AeroRoutes (en inglés). Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "Transavia France NS24 Network Additions – 25FEB24". AeroRoutes (en inglés). Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "Turkish Airlines NS25 European Frequency Changes – 10NOV24". AeroRoutes (en inglés). Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "FOTOD: Vaata, kuidas saabus Tallinna lennujaama kahe miljones reisija". Ärileht (en estoniano). Consultado o 2025-04-30.
- ↑ "Tallinna Lennujaam Lennuliikluse ülevaade 2016" (PDF) (en estoniano). Tallinn Airport. Consultado o 30 de abril de 2025.
- ↑ 46,0 46,1 46,2 "Tallinn Airport - Traffic Report 2018" (PDF). Tallinn Airport. 30 de abril de 2025. Consultado o 13 January 2018.
- ↑ 47,0 47,1 47,2 "Tallinn Airport Traffic report 2019" (PDF). 2020-01-02. Consultado o 2020-01-06.
- ↑ 48,0 48,1 "Tallinn Airport Traffic Report" (PDF). 6 January 2021. Consultado o 2 October 2021.