Aeroporto de Malmö
O aeroporto de Malmö, ata o ano 2007 coñecido como aeroporto de Sturup (IATA: MMX, ICAO: ESMS) é o cuarto aeroporto máis concorrido de Suecia. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 2 218 245 pasaxeiros.[1] Está situado no municipio de Svedala, a uns 28 km ao leste de Malmö e a uns 26 do sueste de Lund.
Aeroporto de Malmö
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Swedavia | ||
Cidade/Illa | Malmö, Lund | ||
Localización | Svedala | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
11/29 | 800 | 2 624 | asfalto |
17/35 | 2 800 | 9 186 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 2 218 245 |
A través da ponte de Öresund o aeroporto está a uns 55 quilómetros do centro de Copenhague, e a 47 do aeroporto de Copenhague-Kastrup. De feito, toda a cidade de Malmö atópase máis preto por estrada do aeroporto da capital danesa que do seu propio aeroporto, e só o de Copenhague é accesible por tren. O aeroporto de Malmö é pequeno, con voos regulares só a Estocolmo e coa aeroliña de baixo custo Wizz Air a varias cidades do centro e leste de Europa.
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarAs seguintes aeroliñas operan voos regulares e chárter dende Malmö:[2]
Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Adria Airways | Estacional: Pristina |
AIS Airlines | Borlänge, Örebro |
BRA Braathens Regional Airlines | Estocolmo-Bromma, Visby Estacional: Östersund |
Czech Airlines | Estacional: Praga |
Norwegian Air Shuttle | Estocolmo–Arlanda Estacional: Gran Canaria |
Ryanair | Cracovia (comeza en outubro de 2017)[3] |
Scandinavian Airlines | Estocolmo–Arlanda Estacional: Östersund |
Wizz Air | Belgrado, Bucarest, Budapest, Cluj-Napoca, Debrecen, Gdańsk, Iași (comeza en maio de 2018),[4] Katowice, Niš, Poznań, Skopje, Tuzla, Varsovia-Chopin |
Carga
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
ASL Airlines Belgium | Billund, Gdańsk, Moscova–Sheremetyevo, Minsk, San Petersburgo, Turku |
Posten operado por ASL Airlines Ireland |
Estocolmo-Arlanda |
Posten operado por Amapola Flyg |
Örebro, Umeå, Estocolmo-Arlanda |
UPS Airlines | Colonia/Bonn, Helsinqui, Oslo-Gardermoen |
UPS Airlines operado por West Air Sweden |
Aarhus |
Notas
editar- ↑ Swedavia (ed.). "New passenger record for Swedavia in 2016". Consultado o 30 de agosto de 2017.
- ↑ Swedavia (ed.). "Destinos". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2017. Consultado o 30 de agosto de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "Ryanair W17 new routes as of 05MAR17". Consultado o 9 de setembro de 2017.
- ↑ Ziarul de Iaşi (ed.). "Primele şase zboruri noi anunţate pentru 2018 de pe Aeroportul Iaşi". Consultado o 9 de setembro de 2017.