Aeroporto de Dala
O aeroporto de Dala ou aeroporto de Borlänge (IATA: BLE, ICAO: ESSD) é un aeroporto sueco situado ao sueste de Borlänge, unha cidade na provincia de Dalarna. Atópase ademais a uns 15 km ao suroeste da cidade de Falun.
Aeroporto de Dala
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Dala Airport AB | ||
Localización | Borlänge | ||
Elevación (msnm) | 153 metros / 503 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
14/32 | 2 310 | 7 579 | asfalto |
Estatísticas (2015) | |||
Pasaxeiros | 26 804 |
Historia
editarDurante a segunda guerra mundial construíuse un aeródromo que foi modernizado no ano 1961. A mediados de 1960 chegaron ás primeiras aeroliñas civís ao aeroporto. Completouse unha nova terminal en 1972 e Dala Airport AB tomou o seu control. O aeroporto pertenceu ao Ministerio de Defensa sueco ata 2007. O aeroporto tivo o seu récord de pasaxeiros en 1989, con 210 000. No ano 2015 pasaron polas súas instalacións 26 804 viaxeiros.
A ruta cara Estocolmo, a 166 km de distancia por aire, pechou en xuño de 2011, reabríndose brevemente entre setembro de 2013 e abril de 2014. En 2006 comezaron a operar voos chárter a destinos turísticos internacionais. Dende o ano 2012 as rutas internacionais teñen máis pasaxeiros que as domésticas.
Aeroliñas e destinos
editarAs seguintes aeroliñas operan voos regulares e chárter dende o aeroporto de Dala:[1]
Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
AIS Airlines[2] | Gotemburgo, Malmö |
Corendon Airlines | Chárter estacional: Antalya |
Evelop Airlines | Chárter estacional: Gran Canaria, Palma de Mallorca |
Thomas Cook Scandinavia | Chárter estacional: Rodas |
SunExpress | Chárter estacional: Antalya |
Notas
editar- ↑ Dalaflyget (ed.). "Tidtabell charter Borlänge 2017". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2017. Consultado o 28 de agosto de 2017.
- ↑ ch-aviation (ed.). "AIS Airlines assumes majority of Direktflyg´s remaining network". Consultado o 28 de agosto de 2017.