Falun
Falun é unha cidade sueca capital do municipio de Falun e do condado de Dalarna. No ano 2017 tiña 58 340 habitantes.[1]Falun forma, xunto con Borlänge, unha área metropolitana con preto de 100 000 habitantes.
Falun | ||
---|---|---|
Falun | ||
![]() | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Condado | Dalarna | |
Municipio | Falun | |
Xeografía | ||
Altitude | 110 msnm | |
Superficie | 27,17 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 58 340 | |
Outros datos | ||
http://www.falun.se/ |
Falun foi orixinalmente famosa pola súa mina de cobre, e no presente é unha importante cidade industrial e de servizos aínda que a mina está pechada dende o ano 1992.
O Faluån é un río que separa a cidade en dúas partes. A mina de cobre de Falu está nun dos lados e durante séculos foi un dos maiores negocios de Suecia. Nesta parte do río os fume tóxico da mina contaminou o chan e poucas plantas medraban. Na outra parte, a onde o fume non chegaba, establecéronse un bo número de vilas. O centro da cidade está formado por clásicas rúas peonís con pequenas tendas.
No ano 2001 a cidade, a mina de cobre e as zonas mineiras de Falun foron engadidas á lista de lugares Patrimonio da Humanidade da Unesco.[2] A Universidade de Dalarna, que ten uns 18 000 estudantes, ten un campus en Falun, próximo ao estadio nacional de esquí onde se celebrou varias veces o campionato mundial deste deporte, a última delas en 2015.
Elementos característicos de Falun son o Falu rödfärg (cor vermella tradicional nas casas suecas), o Falu rågrut (un tipo de pan duro), o Falu ättika (un tipo de vinagre) e o Falukorv (unha salchicha típica de Suecia).
NotasEditar
- ↑ Statistiska centralbyrån (ed.). "Population in the country, counties and municipalities on 31/12/2017 and Population Change in 2017". SCB (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24/10/2018. Consultado o 22 de outubro de 2018.
- ↑ Unesco (ed.). "Mining Area of the Great Copper Mountain in Falun". Consultado o 16 de xuño de 2018.