ASL Airlines Ireland
ASL Airlines (Ireland) Limited, anteriormente Air Contractors, é unha aeroliña irlandesa de carga e pasaxeiros. Opera servizos regulares de carga por toda Europa en nome de empresas como FedEx Feeder e DHL Express. Opera tamén voos chárter de pasaxeiros e realiza algúns servizos para aeroliñas regulares. ASL Airline Holdings Limited, a compañía nai de ASL Airlines Ireland, ten a súa sede en Dublín.[1]
ASL Airlines Ireland | ||
---|---|---|
IATA AG | OACI ABR | Indicativo CONTRACT |
Fundación | 1972 | |
Subsidiarias | ASL Airlines Belgium ASL Airlines France ASL Airlines United Kingdom ASL Airlines Hungary | |
Frota | 36 | |
Holding | ASL Aviation Holdings DAC | |
Páxina web: aslairlines.ie |
Historia
editarA aeroliña fundouse e comezou a operar en 1972 como Air Bridge Carriers no aeroporto de East Midlands. En setembro de 1992 adoptou o nome Hunting Cargo Airlines e en 1997 rematou de transferir todas as súas operacións a Irlanda. En xuño de 1998 o Hunting Group vendeu a súa división de aviación a un consorcio formado por CMB Compagnie Maritime Belge e Safair (parte de Imperial Group), e a aeroliña foi rebautizada como Air Contractors. Imperial Group transferiu o 49% das súas accións na compañía a 3P Air Freighters/Petercam S.A. en 2007.
Air Contractors mercou a aeroliña francesa Europe Airpost o 14 de marzo de 2008.[2] Tras incorporar Europe Airpost o grupo pasou a chamarse ASL Aviation Group, representando o nome as súas tres actividades principais: Airlines, Support and Leasing (aeroliñas, soporte e alugueiro).
En 2010 Air Contractors comezou a transportar pasaxeiros usando un avión Boeing 737-300 xunto co seu asociado, Europe Airpost.
O 4 de xuño de 2015 ASL Aviation Group anunciou que Air Contractors converteríase en ASL Airlines Ireland, Europe Airpost en ASL Airlines France, Farnair Hungary en ASL Airlines Hungary e Farnair Switzerland e ASL Airlines Switzerland.[3]
A compañía anunciou o 5 de febreiro de 2016 que chegara a un acordo para mercar TNT Airways e PAN Air, coa condición que a compra de TNT por parte de FedEx continuase adiante. A venda realizouse en maio de 2016.[4] TNT Airways converteuse en ASL Airlines Belgium e Pan Air en ASL Airlines Spain.
A principios de 2017 ASL Aviation Group pasou a chamarse ASL Airline Holdings.
Frota
editarEn xuño de 2022 a frota de ASL Airlines Ireland estaba formada polos seguintes avións:[5]
Aircraft | In Fleet | Orders | Notes |
---|---|---|---|
Airbus A300F | 4 | — | Operados para DHL Aviation |
Airbus A330-300F | 3 | — | Operados para DHL Aviation |
ATR 72-200 | 2 | — | |
ATR 72-500F | 2 | — | |
ATR 72-600F | 7 | — | Operados para FedEx Express |
Boeing 737-400F | 15 | — | |
Boeing 737-800 | 5 | — | |
Boeing 737-800BCF | 2 | — | Operados para Amazon Air |
Total | 40 | 0 |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarNotas
editar- ↑ ASL Aviation Group (ed.). "Contact". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2017.
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda) - ↑ Air Contractors (ed.). "Acquisition of Europe Air Post by Air Contractors". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2009. Consultado o 7 de novembro de 2017.
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda) - ↑ ASL Aviation Group (ed.). "Ireland based ASL Aviation Group is to launch a new European airline brand, ASL Airlines, as part of its strategy for continued growth in passenger and cargo operations". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2017. Consultado o 7 de novembro de 2017.
- ↑ Global Trade (ed.). "ASL Finalizes Acquisition of TNT Air Operations". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 7 de novembro de 2017.
- ↑ Irish Aviation Authority (ed.). "Latest Register and Monthly Changes". Consultado o 7 de novembro de 2017.