BRA Braathens Regional Airlines

BRA Braathens Regional Airlines é unha aeroliña sueca de propiedade norueguesa fundada en 2016 e unha das aeroliñas domésticas máis grandes en Suecia. Porén, os operadores reais de todos os seus voos son as compañías irmás Braathens Regional Airways e Braathens Regional Aviation. A marca BRA é a sucesora de Malmö Aviation e Sverigeflyg. A compañía ten a súa sede en Estocolmo.[1] BRA suspendeu todas as súas operacións o 6 de abril de 2020.[2]

BRA Braathens Regional Airlines
IATA
DC
TF
OACI
BRX
SCW
Indicativo
BRAATHENS
SCANWING
Fundación2016
Aeroporto principalAeroporto de Estocolmo-Bromma
Frota25
Destinos16
HoldingBraganza
Páxina web: https://www.flygbra.se/

Historia

editar

BRA Braathens Regional Airlines fundouse no ano 2016 co propósito de unificar as aparencias distintas que anteriormente tiñan Malmö Aviation e Sverigeflyg e ofrecer unha única marca no mercado doméstico sueco. BRA non ten ningún control operacional aeronáustico ou ningún avión seu. En vez diso usa as competencias das súas compañías irmás Braathens Regional Airways e Braathens Regional Aviation.[3]

A principios de abril de 2020 BRA suspendeu todos os seus voos entre o 6 de abril e o 31 de maio en resposta a un brusco descenso da demanda polas recomendacións do goberno sueco e a axencia pública de saúde de que a xente non viaxase pola pandemia da COVID-19.[4]

BRA presentou nos xulgados unha reestruturación da débeda o 6 de abril de 2020[2] e cesou as súas operacións ata novo aviso.[5] A aeroliña reducíu o seu persoal de 600 a 20 traballadores[6] e todos os seus avións están no presente estacionados no aeroporto de Norwich City, no Reino Unido.

En marzo de 2020 a frota de BRA Braathens Regional Airlines estaba formada polos seguintes avións:

BRA Braathens Regional Airlines
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notes
ATR 72-500 2 72 Operados por Braathens Regional Airways
ATR 72-600 12 1 72 Operados por Braathens Regional Airways
Embraer E190 3 2 100 Operados por WDL Aviation
Fokker 50 3 50 Operados Amapola Flyg
Total 25
  1. Aero Telegraph (ed.). "Airline wählt Namen, den es schon gibt". Consultado o 28 de agosto de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Somnell, Mikaela; Ahmadi Högfeldt, Farida (2020-04-06). "Flygbolaget BRA hotas av konkurs". SVT Nyheter (en sueco). Consultado o 2020-12-13. 
  3. Behance. "BRA Braathens Regional Airlines". Behance (en english). Consultado o 2020-12-13. 
  4. "Global coronavirus cases surpass 900,000: Live updates | News | Al Jazeera". web.archive.org. 2020-04-02. Archived from the original on 02 de abril de 2020. Consultado o 2020-12-13. 
  5. "Så snart Corona-restriktionerna lättar flyger vi igen!". www.flygbra.se. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-12-13. 
  6. "Regionalairline Braathens stellt alle Flüge ein". aeroTELEGRAPH (en alemán). 2020-04-06. Consultado o 2020-12-13. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar