Aeroporto de Billund

O aeroporto de Billund (IATA: BLL, ICAO: EKBI) é un aeroporto dinamarqués situado a 1,9 km ao nordés da cidade de Billund. É un dos centros de carga máis concorridos de Dinamarca, ademais dun destino para aeroliñas chárter, aínda que algunhas aeroliñas regulares tamén operan no aeroporto. O parque de atraccións Legoland Billund, que se atopa nas proximidades, é a principal atracción turística do país fóra de Copenhague.

Aeroporto de Billund
Billund Lufthavn

IATA: BLL – ICAO: EKBI
Sumario
Tipo público
Operador Billund Lufthavn A/S
Localización Billund
Elevación (msnm) 75 metros / 247 pés
Coordenadas
Web http://www.bll.dk/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
09/27 3 100 10 172 asfalto
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 3 375 363[1]

Historia

editar

O aeroporto de Billund tivo os seus inicios no ano 1961 cando o fillo do fundador do Lego Group, Godtfred Kirk Christiansen, construíu unha pista privada de 800 metros e un hangar ao norte da súa fábrica en Billund. Con Christiansen como peza clave, incluíronse varios dos municipios veciños dentro do grupo de propietarios e planeouse expandir as súas instalacións para convertelo nun aeroporto público normal.

A construción do novo aeroporto levouse a cabo durante 1964 e foi inaugurado o día 1 de novembro dese ano, cunha pista de 1 660 metros de longo e 45 de ancho, unha pequena plataforma, un pequeno hangar e unha torre de control.[2] Hans Erik Christensen, o antigo piloto xefe de LEGO converteuse no seu director e os pasaxeiros utilizaron o hangar da compañía ata que se inaugurou o edificio da terminal en 1966. Nos anos seguintes o aeroporto foi expandéndose continuamente con novas instalacións, terminais, salas de estar, zona libre de impostos e hangares onde o estudio LC Johansen adoitaba a participar como arquitecto, mentres que outros traballos eran feitos polo propio estudio do aeroporto.

En 1997 houbo un concurso de arquitectura para constrír unha nova terminal de 40 000 m², deseñada para servir a 3,5 millóns de pasaxeiros por ano,[2] ao norte do aeroporto orixinal. KHR Architects gañou o concurso e completou a construción en cooperación con COWI. A finais de maio de 2002 comezou a usarse a nova terminal de pasaxeiros, como primeira fase da futura expansión, que se realizará ao norte da pista, mentres que os servizos de carga e a aviación privada continuarán operando nos edificios actuais no sur da pista. En conexión con esta expansión, a máis grande na historia do aeroporto, dende o 1 de xaneiro de 1997 a empresa conxunta Billund Airport A/S tomou o control do aeroporto, sendo os seus accionistas o condado de Vejle e os municipios de Vejle, Kolding, Grindsted, Billund e Give.

En 2008 renovouse e pavimentouse toda a pista de aterraxe e construíuse unha nova pista de rodadura, alcumada "Mike". Todo o traballo levaríase a cabo en tan só 14 horas. A pista pechouse pola noite entre as 23:00 e as 06:00. As obras non evitaron que un Boeing 737-800 de Ryanair aterrase nun extremo da pista mentres se traballaba no outro. Ese mesmo ano o aeroporto estableceu un récord de pasaxeiros con 2 546 856, un 12,7 máis en comparación con 2007.

Cara mediados de 2009 no aeroporto operaban 9 aeroliñas con servizos regulares, tendo KLM a máis concorrida cuns 200 000 pasaxeiros anuais ao aeroporto de Ámsterdam-Schiphol. No ano 2011 Ryanair anunciou que o aeroporto de Billund se convertería nunha base para dous avións da aeroliña a partir do 25 de marzo de 2012. Ao mesmo tempo Ryanair anunciou 5 novas rutas, polo que dende o verán dese ano podíase voar a 19 destinos dende o aeroporto.

Dende o 1 de xaneiro de 2007 os donos do aeroporto son: os municipios de Vejle (34.3%), Kolding (25.9%), Billund (15%), Horsens (10.7%), Fredericia (6.9%), Hedensted (6.1%), Brande (1.0%) e Skanderborg (0.1%).

No ano 2014 LEGO produciu un modelo especial para a súa serie Lego Architecture que só pode mercarse na zona de saídas do aeroporto.

Aeroliñas e destinos

editar

Pasaxeiros

editar
Aeroliñas Destinos
Aegean Airlines Chárter estacional: Kalamata
airBaltic Riga
Air Cairo Chárter: Sharm el-Sheikh
Air France
operado por HOP!
París-Charles de Gaulle
Atlantic Airways Vágar
Chárter estacional: Innsbruck
BH Air Chárter estacional: Burgas
Braathens Regional Aviation Chárter: Odense, Roma-Fiumicino
British Airways Londres-Heathrow
British Airways
operado por SUN-AIR
Bergen, Düsseldorf, Londres-City, Manchester, Múnic, Oslo-Gardermoen
Brussels Airlines
operado por CityJet
Bruxelas
Bulgaria Air Chárter: Burgas
Danish Air Transport Bornholm
Chárter estacional: Cagliari, Citerea, Sharm el-Sheikh
Corendon Dutch Airlines Chárter: Rimini
Finnair
operado por Nordic Regional Airlines
Aeroporto de Helsinqui-Vantaa
Freebird Airlines Chárter: Antalya
Icelandair Estacional: Reiquiavik-Keflavík
Jet Time Chárter: L’Alguer, Aqaba, Gran Canaria, Larnaca, Eivisa, Lanzarote, Sal, Taba, Tenerife-Sur
KLM Ámsterdam
KLM
operado por KLM Cityhopper
Ámsterdam
Lufthansa Frankfurt
Norwegian Air Shuttle Oslo-Gardermoen
Norwegian Air Shuttle
operado por Norwegian Air International
Alacant, Barcelona
Pegasus Airlines Chárter estacional: Antalya
Primera Air Atenas,[3] Barcelona, Reiquiavik-Keflavík, Venecia
Estacional: Alacant, Gran Canaria, Jersey, Kalamata, La Palma, Lisboa, Menorca, Niza, Ponta Delgada
Chárter: Antalya, Hurghada, Bodrum, Eilat-Ovda, Enfidha, Reiquiavik-Keflavík, Santorini, Sharjah
Privilege Style Chárter: Santa Cruz, Illas Virxes
Ryanair Alacant, Atenas (comeza en maio de 2018),[3] Berlín-Schönefeld,[4] Budapest, Londres-Stansted, Málaga, Poznań
Estacional: Bérgamo, Chania,[5] Xirona, Malta, Palma de Mallorca, Pisa, Rome–Ciampino
Scandinavian Airlines Copenhague, Oslo-Gardermoen, Estocolmo-Arlanda
Charter: Antalya, Burgas, Chania, Dalaman, Enfidha, Fuerteventura, Gazipaşa, Gran Canaria, Palma de Mallorca, Rodas, Sharm el-Sheikh
SmartLynx Airlines Chárter: Hurghada
Thomas Cook Airlines Scandinavia Charter: Antalya, Cancún, Chania, Colombo, Fuerteventura, Gran Canaria, Hurghada, Cos, Lanzarote, Larnaca, Palma de Mallorca, Punta Cana, Rodas
Sharm el-Sheikh, Tenerife-Sur
TUI fly Belgium Chárter: Santa Cruz, Illas Virxes
TUI fly Nordic Chárter: Gran Canaria, Phuket
Turkish Airlines Istanbul-Atatürk
Wings of Lebanon Beirut (comeza en xuño de 2018)[3]
Wizz Air Bucarest, Cluj-Napoca, Gdańsk, Iași (comeza en abril de 2018),[6] Tuzla, Vilnius, Varsovia-Chopin
Aeroliñas Destinos
ASL Airlines Belgium Liexa
DHL Aviation Leipzig/Halle
  1. Billund Airport (ed.). "Statistikker 2017". Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 BILLUND. "History". www.bll.dk (en inglés). Consultado o 2019-11-24. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Aviation24.be (ed.). "Billund Airport adds summer sparkle". Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  4. Routes Online (ed.). "Ryanair W17 new routes as of 05MAR17". Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  5. Routes Online (ed.). "Ryanair expands Chania / Thessaloniki service in S17". Consultado o 21 de marzo de 2018. 
  6. Ziarul de Iaşi (ed.). "Primele şase zboruri noi anunţate pentru 2018 de pe Aeroportul Iaşi". Consultado o 21 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar