Aeroporto João Paulo II
O aeroporto João Paulo II (IATA: PDL, OACI: LPPD) é un aeroporto internacional situado na illa de São Miguel, no arquipélago portugués dos Azores. Atópase a 2 quilómetros ao oeste do centro da cidade de Ponta Delgada e trátase do principal aeroporto dos Azores, ademais de ser o quinto máis grande de Portugal.
Aeroporto João Paulo II
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | goberno de Portugal | ||
Operador | ANA Aeroportos de Portugal | ||
Cidade/Illa | Ponta Delgada | ||
Localización | Relva | ||
Elevación (msnm) | 79 metros / 259 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
12/30 | 2 497 | 8 192 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 1 515 479 |
Opera voos domésticos regulares cara todas as illas dos Azores, ademais de cara Madeira e o continente (principalmente a Lisboa, Porto e Faro). O aeroporto de João Paulo II Airport tamén opera voos internacionais cara Europa e Norteamérica. É o principal centro de conexións para o grupo de aeroliñas SATA Group, ao que pertencen SATA Air Açores e Azores Airlines, e dende abril de 2015 é unha base para Ryanair.[1]
Historia
editarO aeroporto inaugurouno o presidente portugués Américo Tomás o día 24 de agosto de 1969 despois de que se planease a súa construción seis anos antes, en 1963.[2] No momento da súa apertura era coñecido como aeroporto de Nordela debido á súa localización no extremo norte de Ponta Delgada e a súa pista tiña 1 800 metros de lonxitude. Foi construído para realizar conexións entre as illas e o continente usando un único Boeing 737 de TAP Portugal.[2]
En maio de 1995, na inauguración da nova terminal, o aeroporto recibiu o seu actual nome na honra da visita do papa Xoán Paulo II aos Azores en 1991.
Aeroliñas e destinos
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
Azores Airlines | Boston, Frankfurt, Lisboa, Porto, Praia, Toronto-Pearson Estacional: Barcelona, Londres-Gatwick, Montreal-Trudeau, Providence |
Azores Airlines operado por SATA Air Açores |
Funchal, Gran Canaria Estacional: Faro |
Delta Air Lines | Estacional: Nova York-JFK (comeza en maio de 2018)[3] |
Germania | Estacional: Düsseldorf (comeza en maio de 2018) |
Niki | Düsseldorf |
Primera Air | Estacional: Billund, Copenhague, Oslo-Gardermoen, Estocolmo-Arlanda |
Ryanair | Lisboa, Londres-Stansted, Porto Estacional: Hahn |
SATA Air Açores | Corvo, Flores, Graciosa, Horta, Pico, Santa María, São Jorge, Terceira |
TAP Air Portugal | Lisboa |
TUI fly Belgium | Estacional: Bruxelas |
TUI fly Netherlands | Estacional: Ámsterdam |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarNotas
editar- ↑ Ryanair (ed.). "New Base (No.72) In The Azores". Archived from the original on 07 de decembro de 2014. Consultado o 7 de decembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Dias, Fatima (2010). O Aeroporto de Ponta Delgada - João Paulo II, 40 anos de História. Ponta Delgada.
- ↑ Delta AIr Lines (ed.). "Delta’s trans-Atlantic schedule brings customers more flights and more destinations". Consultado o 7 de decembro de 2017.