Aeroporto de Bornholm

O aeroporto de Bornholm (IATA: RNNOACI: EKRN) é un aeroporto dinamarqués situado a 5 quilómetros ao sueste de Rønne, na illa de Bornholm. Está operado por Statens Luftfartsvæsen (a administración de aviación civil dinamarquesa) co control de tráfico aéreo proporcionado por Naviair.

Aeroporto de Bornholm
Bornholms Lufthavn

IATA: RNN – ICAO: EKRN
Sumario
Tipo público
Operador Statens Luftfartsvæsen
Localización Bornholm
Elevación (msnm) 16 metros / 52 pés
Coordenadas Coordenadas: 55°03′48″N 14°45′34″L / 55.063333333333, 14.759444444444
Web http://bornholms-lufthavn.dk/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
11/29 2 002 6 568 asfalto

Historia editar

No ano 1935 representantes do Rigsdagen, do municipio de Rønne e da aeroliña Det Danske Luftfartsselskab (posteriormente parte de Scandinavian Airlines System) acordaron establecer unha conexión aérea entre Rønne e Copenhague. No ano seguinte fundouse A/S Den bornholmske Flyveplads e a construción do aeroporto iniciouse en 1937. Dous anos despois comezou a primeira ruta cunha licenza temporal da inspección do transporte aéreo. Porén, os voos suspendéronse despois duns días debido a problemas coa pista. O aeroporto inaugurouse oficialmente o 16 de novembro de 1940, operando DDL unha ruta diaria cara Copenhague. A primeira terminal temporal construíuse pouco despois, en 1941, pero non sería ata 1961 cando o aeroporto tería unha terminal permanente. En 1947 o estado tomou o control do aeroporto, cambiando o seu nome a aeroporto de Rønne. O nome cambiaría novamente en 1992, desta vez para o actual, co obxectivo de facilitar a súa comercialización como destino de vacacións.[1]

En 1982 as operacións foron asumidas por Maersk Air, posteriormente parte de Sterling Airlines. As fortes perdas de Maersk forzárona a abandonar a ruta no ano 2002, que foi collida por Cimber Air. En 2005 Danish Air Transport converteuse na segunda aeroliña no aeroporto de Bornholm. DAT abandonou a ruta con Copenhague en 2008, pero retomouna despois da bancarrota de Cimber Sterling en 2012.[1]

Aeroliñas e destinos editar

Aeroliñas Destinos
Danish Air Transport Aalborg, Billund, Copenhague
Alsie Express Estacional: Sønderborg (comeza en xullo de 2018)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Bornholms Lufthavn (ed.). "Lufthavnens historie". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2018. Consultado o 15 de maio de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar