Bulgaria Air
Bulgaria Air (búlgaro: България Ер) é a aeroliña nacional de Bulgaria,[1] con sede no aeroporto de Sofía.[2] A compañía é propiedade de Chimimport Inc. e é líder no mercado local búlgaro. A aeroliña opera avións de alcance curto e medio cara a destinos en Europa, Oriente Medio e Rusia. As súas cidades focais son Burgas e Varna. No ano 2016 Bulgaria Air transportou 1 246 350 pasaxeiros tanto en voos regulares como chárter, un descenso dun 2% con respecto a 2015. O seu número de operacións descendeu un 0,5% no mesmo período de tempo.[3]
Bulgaria Air | ||
---|---|---|
IATA FB | OACI LZB | Indicativo FLYING BULGARIA |
Fundación | novembro de 2002 | |
Inicio das operacións | 4 de decembro de 2002 | |
Subsidiarias | Bul Air | |
Frota | 10 | |
Destinos | 26 | |
Páxina web: https://www.air.bg |
Frota
editarEn outubro de 2017 a frota de Bulgaria Air estaba formada polos seguintes avións:[4]
En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | ||||
Airbus A319-100 | 2 | — | 8 | 126 | 134 | |
8 | 132 | 140 | ||||
Airbus A320-200 | 3 | — | 0 | 180 | 180 | |
Avro RJ70 | 1 | — | 26 | 0 | 26 | Configuración de avión executivo |
Embraer 190 | 4 | — | 8 | 100 | 108 | |
Total | 10 | — |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarNotas
editar- ↑ Centre for Aviation (ed.). "Bulgaria Air strengthens its European network with new E-Jets, but cost reduction is also essential". Archived from the original on 29 de novembro de 2014. Consultado o 8 de novembro de 2017.
- ↑ Bulgaria Air (ed.). "Contacts". Consultado o 8 de novembro de 2017.
- ↑ Bulgaria Air (ed.). "Bulgaria Air presentation" (PDF). Consultado o 8 de novembro de 2017.
- ↑ Planespotters (ed.). "Frota de Bulgaria Air". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2017. Consultado o 8 de novembro de 2017.