LEGO é a denominación que se dá a unha serie de xoguetes que teñen como elemento principal uns bloques de plástico interconectábeis. A compañía LEGO, a súa fabricante, é dinamarquesa con base en Billund, Dinamarca. Foi fundada no ano 1916 polo carpinteiro Ole Kirk Christiansen e dende 1934 pasou a chamarse LEGO, coa contracción das palabras dinamarquesas "LEg GOdt" (xogue ben).

LEGO
LEGO logo.svg
Lego bricks.jpg
TipoSociedade Anónima
Fundación1932
MatrizLego Group
LocalizaciónBillund, Dinamarca Dinamarca
FundadorOle Kirk Christiansen
IndustriaXoguetes
ProdutosPezas
Número de empregados9.374 (en 2011)
Páxina weblego.com
editar datos en Wikidata ]
Lego Duplo
LEGO-02.jpg

HistoriaEditar

Ole Kirk Christiansen abriu un taller en 1916 que funcionou como obradoiro ordinario até 1932 cando empezou a facer xoguetes de madeira. En 1947 foi creado o primeiro xoguete de plástico.

En 1939 tiña 10 empregados. En 1943 xa traballaban na empresa unhas 40 persoas, que pasaron a 50 en 1948. En 1965 comezaron a distribuír os seus produtos en España, e en 1966 xa vendían en 42 países. En 1974 formouse a división LEGO España. En 1983 tiña 3 700 empregados a nivel mundial, que pasaron a 7 550 en 1991. En 1996 creouse a páxina web lego.com[1].

NotasEditar