Aeroporto de Bergen, Flesland
O aeroporto de Bergen, Flesland (IATA: BGO, ICAO: ENBR) é un aeroporto internacional situado en Flesland, en Bergen, unha cidade e municipio do condado noruegués de Hordaland. Trátase do segundo aeroporto máis concorrido de Noruega, con 6 021 020 pasaxeiros no ano 2015. Flesland está operado por Avinor, unha compañía estatal. Ata 1999 a Estación Aérea de Flesland da Forza Aérea de Noruega atopábase no aeroporto.
Aeroporto de Bergen, Flesland Bergen lufthavn, Flesland
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Avinor | ||
Cidade/Illa | Bergen | ||
Localización | Flesland | ||
Elevación (msnm) | 50,6 metros / 166 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
17/35 | 2 990 | 9 810 | asfalto/formigón |
Estatísticas (2015) | |||
Pasaxeiros | 6 021 020 |
Scandinavian Airlines (SAS), Norwegian Air Shuttle e Widerøe son as principais aeroliñas que operan en Bergen. A ruta ao aeroporto de Oslo-Gardermoen está entre as máis concorridas de Europa. Dende o aeroporto as compañías CHC Helikopter Service e Bristow Norway tamén xeran un tráfico significativo cara ás plataformas petrolíferas no mar do Norte.
Orixinalmente Bergen estaba servido por aeródromos para hidroavións en Flatøy, Sandviken e Herdla. O financiamento de Flesland asegurouse en gran medida a través de fondos da OTAN e o aeroporto inaugurouse o 2 de outubro de 1955. Ata os anos 80 Bergen foi o aeroporto noruegués usado por SAS para os seus voos intercontinentais cara Nova York. No ano 1988 e en agosto de 2017 inauguráronse novas terminais nas súas instalacións. O tranvía de Bergen ampliouse cara ao aeroporto, inaugurándose a liña en abril de 2017.
Aeroliñas e destinos
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editarNotas
editar- ↑ "Finnair opens new routes to Bergen and Tromsø in Norway in cooperation with Wideroe". Finnair. Consultado o 4 October 2017.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2017.
- ↑ http://www.flysas.com/