Aeroporto de Ålesund, Vigra

O Aeroporto de Ålesund, Vigra (IATA: AESOACI: ENAL) é un aeroporto internacional que serve á cidade norueguesa de Ålesund. Está situado na illa de Vigra en Giske. No ano 2013 usaron o aeroporto un total de 1 077 209 pasaxeiros, sendo o décimo máis concorrido de Noruega.[1]

Aeroporto de Ålesund, Vigra
Ålesund lufthavn, Vigra

IATA: AES – ICAO: ENAL
Sumario
Tipo público
Operador Avinor
Cidade/Illa Ålesund
Localización Vigra
Elevación (msnm) 21 metros / 70 pés
Coordenadas Coordenadas: 62°33′45″N 6°07′11″L / 62.5625, 6.1197222222222
Web avinor.no
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
07/25 2 314 7 592 asfalto
Estatísticas (2013)
Pasaxeiros 1 077 209[1]

O primeiro aeroporto que serviu a Ålesund foi o aeroporto de Ålesund, Sørneset, un aeródromo para hidroavións. Vigra venceu por pouco ao aeroporto de Aukra, Gossen como principal aeroporto para Møre og Romsdal e foi inaugurado o 7 de xuño de 1958. Orixinalmente contaba cunha pista de 1 600 metros e todos os voos regulares eran operados por Braathens SAFE. Agás rutas rexionais operadas por Widerøe entre 1971 e 1993, Braathens encargouse de todas as rutas ata o ano 1998. O primeiro voo internacional chegou en 1977 e en 1986 inaugurouse unha nova terminal.

Entre 1995 e 1998 o Escuadrón 330 tivo un destacamento en Vigra para os seus Westland Sea King de busca e rescate. Color Air e SAS comezaron a voar a Ålesund en 1998. Tras sufrir fortes perdas, SAS pechou Braathens e Color Air. Norwegian Air Shuttle chegou ao aeroporto despois diso, primeiro en 2004 e despois en 2008. A terminal ampliouse no ano 2007 e dende entón o aeroporto comezou a operar a varios destinos internacionais.

Aeroliñas e destinos editar

Aeroliñas Destinos
Aegean Airlines Chárter estacional: Rodas
KLM
operado por KLM Cityhopper
Ámsterdam
Norwegian Air Shuttle Alacant, Oslo-Gardermoen
Scandinavian Airlines Bergen, Oslo-Gardermoen, Stavanger
Estacional: Copenhague
Chárter estacional: Chania, Gran Canaria
Scandinavian Airlines
operado por CityJet
Bergen, Trondheim
Widerøe Bergen, Kristiansund, Trondheim
Wizz Air Gdańsk, Kaunas[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Avinor (ed.). "Passenger statistics". Consultado o 10 de abril de 2018. 
  2. Routes Online (ed.). "WizzAir Expands W16 Lithuania Operations". Consultado o 10 de abril de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar