Widerøe's Flyveselskap AS, comercializado como Widerøe, é unha aeroliña norueguesa e a aeroliña rexional máis grande das que operan nos países nórdicos. A súa frota de 41 avións Bombardier Dash 8 serve a 41 destinos nacionais e 6 nacionais. Os servizos de obrigación pública a aeroportos rexionais son case a metade das operacións de Widerøe. O resto dos servizos son en aeroportos primarios no norte de Noruega e servizos dende os aeroportos de Sandefjord, Torp e Bergen, Flesland cara a outros aeroportos primarios, ademais dalgúns servizos internacionais dende Oslo-Gardermoen, Sandefjord, Kristiansand, Stavanger, Bergen e Trondheim.

Widerøe
IATA
WF
OACI
WIF
Indicativo
WIDEROE
Fundación19 de febreiro de 1934
Plan de voo frecuenteEuroBonus
Frota41
Destinos47
Eslogan da compañíaHele Norge. Hele tiden.
SedeBodø, Noruega
Páxina web: https://www.wideroe.no/

A compañía ten a súa oficina principal en Bodø, aínda que tamén ten un gran centro adminstrativo en Lysaker, no oeste de Oslo.[1] As súas bases principais están nos aeroportos de Sandefjord, Bodø, Tromsø, Bergen e Oslo-Gardermoen. As operacións de Widerøe céntranse en tránsitos punto a punto, aínda que a compañía esencialmente alimenta a outras aeroliñas de medio alcance e internacionais.

A aeroliña fundouse en 1934 e participou en varias actividades de aviación xeral. En 1936 Widerøe comezou a operar voos regulares con hidroavións e, dende 1940, tamén voos ambulancia. Durante os anos 40 e 50 a aeroliña aumentou as súas rutas de hidroavións e estableceu unha frota baseada en avións de Havilland Canada DHC-3 Otter e Noorduyn Norseman. Dende 1968 Widerøe comezou a voar a aeroportos pequenos construídos no norte e oeste de Noruega usando o DHC-6 Twin Otter, e posteriormente Dash 7. En 1989 Widerøe mercou Norsk Air e comezou servizos dende Sandefjord. Durante os 90 substituíu os seus avións polo modelo Dash 8. Nos 2000 foi mercada polo SAS Group e fíxose cargo das operacións de SAS Commuter no norte de Noruega. En 2010 Widerøe comezou a operar os servizos rexionais de SAS no oeste do país.

Historia editar

Widerøe estableceuse sobre os cimientos de dous pequenos operadores. O primeiro era a compañía Lotsberg & Skappel. O outro era Widerøe & Bjørneby, fundada por Viggo Widerøe e Halvor Bjørneby. Durante o inverno estacionaban avións en estacións de montaña e obtiñan ingresos de esquiadores que querían voar a zonas virxes. A compañía iniciou a realizar voos publicitarios, nos cales o nome da empresa ou produto se pintaba sobre a fuselaxe dun avión, cunha versión con luz de neon na parte inferior e lanzando panfletos nos voos.[2]

O 19 de febreiro de 1934 Viggo Widerøe, Einar Isdahl e Arild Widerøe fundaron Widerøe's Flyveselskap A/S. En 1935 a compañía entrou no negocio da cartografía. En 1937 Widerøe realizou 44 voos ao longo da costa da Antártida, cubrindo 4 000 quilómetros de costa e polo menos 50 cara ao interior do continente. Eses voos foron ordenados por Lars Christensen para labores de cartografía. Durante o ano 1938 o taller Bogstad da compañía e Birger Hønningstad iniciaron unha empresa conxunta na cal Widerøe construiría avións Hønningstad Norge.

Tras o estoupido da segunda guerra mundial todos os pilotos foron recrutados polo exército e prohibiuse a aviación civil. En 1940 a compañía iniciou voos de ambulancia aérea para os militares. Despois da invasión alemá de Noruega moitos dos pilotos e avións de Widerøe foron levados a Mjøsa onde serviron como parte da defensa do país. Todos os avións civís permaneceron en terra durante a ocupación, e as autoridades alemás demandaron que se entregasen todos os magnetos e hélices. O taller de Bogstad mantívose ocupado coa produción de zorras ambulancia para o exército alemán. En segredo, a compañía tamén comezou a construír o avión ambulancia Hønningstad C-5 Polar en Bogstad.[3]

Despois da liberación de Noruega en 1945 mantívose a prohibición de voos e os empregados de Bogstad foron contratados pola Real Forza Aérea de Noruega no aeroporto de Oslo, Fornebu. A compañía recibiu o permiso para voar novamente o 2 de febreiro de 1946. En 1947 Forenede Industrier mercou a meirande parte da compañía. Viggo Widerøe foi novamente contratado como director xeral.[4]

En 1948 a compañía fusionouse coa empresa baseada en Narvik Polarfly, e cambiou o seu nome para Widerøe's Flyveselskap & Polarfly A/S. No ano seguinte a aeroliña comezou a realizar traballos de fotografía aérea. En 1953 Widerøe optou por diversificarse e comezou a fabricar balsas de emerxencia, garaxes refrixerados en aluminio, e elementos térmicos para uso industrial. En 1954 recibiu unha subcontrata para Scandinavian Airlines System (SAS), a sucesora de DNL, para operar unha ruta con hidroavións dende Tromsø a Vadsø, pasando por Alta, Hammerfest e Kirkenes. Para esta ruta a aeroliña mercou o seu primeiro de Havilland Canada DHC-3 Otter.[5] O 1 de xullo de 1958 a compañía volveu a cambiar o nome para o orixinal Widerøe's Flyveselskap A/S.

En 1969 Per Bergsland substituíu a Viggo Widerøe como CEO. En 1970 a compañía dividiuse en dúas: a división de fotografía aérea foi vendida ao seu competidor Fjellanger, nacendo a nova compañía Fjellanger Widerøe. Os servizos regulares mantivéronse con Widerøe. O derradeiro hidroavión da aeroliña foi dado de baixa en 1971. En abril de 1980 Widerøe comzou a realizar servizos internacionais no nome de SAS.

Frota editar

 
Dash-8 103 no aeroporto de Sandane, Anda
 
Dash 8-311 no aeroporto de Manchester
 
Bombardier Dash 8-Q400 no aeroporto de Trondheim, Værnes

Dende o ano 2000 a aeroliña leva operando unha frota totalmente formada por avións de Havilland Canada/Bombardier Dash 8. En 2012 Widerøe foi a primeira e única aeroliña do mundo en operar todas as variantes do Dash 8 simultaneamente, e é unha das poucas a día de hoxe que operan todas as versións do Dash 8, ademais de voar os máis vellos DHC-6 Twin Otter e Dash 7. No ano 2008 Widerøe ara o terceiro operados máis grande do mundo da serie -100, tras Piedmont Airlines e Jazz. En xaneiro de 2017 anunciouse que Widerøe asinara un contrato con Embraer por ata 15 novos reactores, cun pedido en firme por tres E190-E2 e dereitos de compra para 12 avións máis da familia Embraer E2.[6] A aeroliña será a primeira en operar o modelo E190-E2,[7] sendo tamén o primeiro reactor da súa frota, xa que anteriormente todos os seus avións foron turbohélices.

En abril de 2018, Wideroe recibiu o seu primeiro Embraer E190-E2 nunha gran cerimonia con persoal da aeroliña e do fabricante. O seu primeiro voo comercial foi o día 24 de abril.[8]

En abril de 2020 a frota de Widerøe está formada polos seguintes avións:[9]

Frota de Widerøe
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
de Havilland Canada Dash 8-100 23 39
de Havilland Canada Dash 8-200 3 39
de Havilland Canada Dash 8-300 6 50
de Havilland Canada Dash 8-400 10 78
Embraer E190-E2 3 114 Cliente de lanzamento.
Total 45 3

Os Dash 8-100, Dash 8-Q200 e Dash 8-300 poden operar na meirande parte das pistas custas de Noruega e Widerøe é o maior operador destes modelos.

Notas editar

  1. Widerøe (ed.). "Contact us". Consultado o 28 de marzo de 2018. 
  2. Arnesen, 1984: 6-9
  3. Arnesen, 1984: 35-39
  4. Arnesen, 1984: 42-48
  5. Arnesen, 1984: 61-67
  6. Flight Global (ed.). "Wideroe turns to jets with Embraer 190-E2 order". Consultado o 28 de marzo de 2018. 
  7. Aviation Voice (ed.). "Norway’s Widerøe to Be the E190-E2 Launch Operator". Consultado o 28 de marzo de 2018. 
  8. "Norway’s Widerøe completes first revenue flight of an Embraer E190-E2". Embraer (en inglés). Consultado o 2020-12-03. 
  9. Planespotters (ed.). "Widerøe Fleet Details and History". Consultado o 15 de maio de 2018. 

Bibliografía editar

  • Arnesen, Odd (1984). På grønne vinger over Norge (en Norwegian). Widerøe's Flyveselskap. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar