Aeroporto de Tromsø, Langnes

O aeroporto de Tromsø, Langnes (IATA: TOSOACI: ENTC) é un aeroporto situado na localidade de Langnes en Tromsø, Noruega. Atópase na ribeira oeste da illa de Tromsøya, a uns 4 quilómetros ao noroeste do centro da cidade. O aeroporto é propiedade e está operado pola compañía estatal Avinor. No ano 2017 foi usado por un total de 2 271 748 pasaxeiros, sendo o quinto aeroporto máis concorrido do país.[1]

Aeroporto de Tromsø, Langnes
Tromsø lufthavn, Langnes

IATA: TOS – ICAO: ENTC
Sumario
Tipo público
Propietario/Operador Avinor
Cidade/Illa Tromsø
Localización Langnes
Elevación (msnm) 10 metros / 32 pés
Coordenadas
Web avinor.no
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
01/19 2 447 8 028 asfalto
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 2 271 748[1]

O aeroporto inaugurouse o día 14 de setembro de 1964, substituíndo ao aeroporto de Tromsø, Skattøra. Tromsø é un dos principais centros de conexións para os voos da aeroliña rexional Widerøe cara Finnmark. Dende a súa apertura Scandinavian Airlines (SAS) realizou os principais voos cara a outros aeroportos primarios. Braathens SAFE e a súa subsidiaria Busy Bee operaron dende Tromsø de 1967 ata 2002. Norwegian Air Shuttle leva voando dende o aeroporto dende o ano 1992 e Lufttransport ten a súa principal base de operacións en Tromsø. A actual Terminal B foi construída en 1977. A Terminal A inaugurouse en 1997, despois de que se ampliase a pista 240 metros e se construise unha nove torre de control.

Aeroliñas e destinos

editar

Pasaxeiros

editar
Aeroliñas Destinos
BH Air Chárter estacional: Burgas
Finnair
operado por Widerøe
Estacional: Helsinqui (comeza en maio de 2018)[2]
FlyViking Alta, Bodø, Hammerfest, Kirkenes, Stokmarknes, Vadsø
Germania Chárter estacional: Múnic
Edelweiss Air Estacional: Zürich
Helvetic Airways Estacional: Zürich
Nextjet Luleå, Oulu
Lufthansa Estacional: Frankfurt[3]
Norwegian Air Shuttle Oslo-Gardermoen
Estacional: Alta, Londres-Gatwick, Gran Canaria
Chárter: Antalya, Chania
Scandinavian Airlines Alta, Bodø, Copenhague (comeza en decembro de 2017), Oslo-Gardermoen, Estocolmo-Arlanda, Longyearbyen, Trondheim
Estacional: Chania, Palma de Mallorca
Scandinavian Airlines
operado por Jet Time
Trondheim
Thomas Cook Airlines Scandinavia Gran Canaria
Transavia Chárter: Ámsterdam
Widerøe Alta, Andenes, Bergen, Båtsfjord, Berlevåg, Bodø, Harstad/Narvik, Hasvik, Hammerfest, Honningsvåg, Kirkenes, Lakselv, Leknes,[4] Mehamn, Oslo-Gardermoen, Stokmarknes, Svolvær,[4] Sørkjosen, Trondheim, Vadsø
Wizz Air Gdansk
Aeroliñas Destinos
Posten Norge
operado por West Air Sweden
Harstad/Narvik, Bodø, Oslo-Gardermoen, Longyearbyen
  1. 1,0 1,1 Avinor (ed.). "Statistics". Consultado o 14 de febreiro de 2018. 
  2. Finnair (ed.). "Finnair opens new routes to Bergen and Tromsø in Norway in cooperation with Wideroe". Consultado o 14 de febreiro de 2018. 
  3. Routes Online (ed.). "Lufthansa Adds New Seasonal Routes to Lapland in W16". Consultado o 14 de febreiro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 Widerøe (ed.). "Tidenes storsatsning på direkteruter til Lofoten og Helgeland". Consultado o 14 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar