NextJet foi unha aeroliña rexional sueca baseada en Frösundavik, no municipio de Solna, ao norte de Estocolmo. A compañía voaba a 20 destinos de Suecia, Noruega e Finlandia, a meirande parte deles dende o aeroporto de Estocolmo-Arlanda,[2] onde ten o seu principal centro de conexións. Un dos investidores da aeroliña era o membro de ABBA Björn Ulvaeus. A compañía declarouse en bancarrota o día 16 de maio de 2018.[1]

NextJet
IATA
2N
OACI
NTJ
Indicativo
NEXTJET
Fundación2002
Fin das operacións16 de maio de 2018[1]
Frota14
Destinos20
Páxina web: http://nextjet.se

No momento do cesamento de actividades en maio de 2018 a frota de NextJet estaba formada polos seguintes avións:[3]

Frota de NextJet
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
ATR 42-300 1 46 Operado por DOT LT
BAe ATP 3 68
Bombardier CRJ200 2 50 Operados por Voyageur Airways
Saab 340A 3 33-36 SE-LEP coa librea 'Swedish Skiteam'
Saab 340B 6 33-36
Total 15
  1. 1,0 1,1 Sveriges Radio (ed.). "Flygbolaget Nextjet ansöker om konkurs". Consultado o 23 de maio de 2018. 
  2. Nextjet (ed.). "Destinations". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2017. Consultado o 18 de febreiro de 2017. 
  3. Nextjet (ed.). "Our aircraft". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2017. Consultado o 18 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar