Bombardier CRJ100/200

(Redirección desde «Bombardier CRJ200»)

Os Bombardier CRJ100 e Bombardier CRJ200 son unha familia de avións rexionais fabricados por Bombardier, e baseados no reactor de negocios Canadair Challenger.

Bombardier CRJ200
Tiporexional/negocios
FabricanteBombardier Aerospace
Primeiro voo10 de maio de 1991
Introducido1992
Unidades construídas1.021

Cara agosto de 2006 un total de 938 CRJ100 e CRJ200 (de todas as variantes) estaban en servizo, con 8 ordes en firme. Os principais operadores do avión son Air Nostrum (35), Air Wisconsin (70), Atlantic Southeast Airlines (110), Comair (40), Jazz Aviation (43), Lufthansa CityLine (26), Mesa Airlines (60), Mesaba Airlines (19), Pinnacle Airlines (145), PSA Airlines (35), Republic Airways Holdings (20) e SkyWest Airlines (159). Outras 20 aeroliñas operan pequenos números do modelo.

Desenvolvemento

editar

O avión baseouse no deseño do Canadair Challenger, que Canadair mercou a Bill Lear en 1976.

A ancha fuselaxe do Challenger, que sentaba a 2 pasaxeiros en cada lado do corredor, suxeriu aos enxeñeiros de Canadair que este podería ser estirado para acomodar máis asentos, e iniciouse un plan para un Challenger 610E, que podería levar 24 pasaxeiros. Non se realizaría este estiramento ao ser cancelado o proxecto en 1981, pero a idea non desapareceu.

En 1987 iniciáronse uns estudos máis ambiciosos para unha configuración máis longa, lanzándose formalmente o programa Canadair Regional Jet na primavera de 1989. O nome de "Canadair" mantívose a pesar de que Bombardier mercara a compañía. O primeiro dos tres prototipos para o CRJ100 inicial realizou o seu primeiro voo o 10 de maio de 1991; un dos tres perdeuse nun accidente en xullo de 1993. O modelo obtivo a certificación a finais de 1992, entregándose a primeira unidade a finais dese ano.

CRJ100

editar

O deseño do CL-600 alongouse 5,92 metros para crear o CRJ100, coa fuselaxe que se conecta na proa e na popa das ás, dúas saídas máis de emerxencia, e unha á modidificada e reforzada. A configuración típica é de 50 pasaxeiros, cunha capacidade máxima para 52. O CRJ100 ten unha avionica Collins ProLine 4, un rádar meteorolóxico Collins, motores turboventilador GE CF34-3A1, novas ás con máis envergadura, maior capacidade de combustible e unha tren de aterraxe mellorada para maiores pesos. Foi seguido polas variantes CRJ100 ER cun alcance un 20% maior, e CRJ100 LR cun 40% máis con respecto ao CRJ100 estándar. O CRJ100 SE foi producido para satisfacer mellor as necesidades dos operadores executivos.

CRJ200

editar

O CRJ200 é idéntico ao modelo 100 agás polos seus motores máis eficientes. Pinnacle Airlines operou algúns con 44 asentos, designado como CRJ440, con armarios na parte diantera da cabina de pasaxe, aínda que se converterían a unha configuración de 50 prazas. Comair operou unha versión de 40 asentos, vendidos a un menor prezo para evitar que a aeroliña se decantase polo máis pequeno Embraer 135.

Hai tamén un CRJ200 de carga, designado CRJ200 PF (Package Freighter), desenvolvido en cooperación con Cascade Aerospace a petición de West Air Sweden.