Aeroporto de Alta

O aeroporto de Alta (IATA: ALFOACI: ENAT) é un aeroporto internacional que serve a Alta, unha cidade e municipio no condado de Finnmark, en Noruega. Está situado en Elvebakken, a 4 quilómetros ao nordes de Alta. Ten unha única pista de aterraxe, con 2 253 metros de lonxitude e numerada 11/29, It has a single, 2,253-meter (7,392 ft) runway numbered 11/29, que se atopa na ribeira sur do Altafjord. O aeroporto de Alta é propiedade e está operado pola empresa estatal Avinor e durante o ano 2016 foi usado por 367 134 pasaxeiros,[1] converténdoo no máis concorrido de Finnmark.

Aeroporto de Alta
Alta lufthavn

IATA: ALF – ICAO: ENAT
Sumario
Tipo público
Operador Avinor
Cidade/Illa Alta, Noruega
Localización Elvebakken
Elevación (msnm) 3 metros / 10 pés
Coordenadas Coordenadas: 69°58′34″N 23°22′18″L / 69.976111, 23.371667
Web https://avinor.no/en/airport/alta-airport/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
11/29 2 253 7 392 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 367 134

O aeroporto é servido por Norwegian Air Shuttle e Scandinavian Airlines (SAS) con avións Boeing 737 voando a Tromsø e Oslo. Widerøe opera servizos a varios aeroportos rexionais en Finnmark, alimentando as rutas das aeroliñas máis grandes. Ten tamén un pequeno número de voos chárter internacionais. O primeiro aeroporto da zona foi un aeródromo militar construído pola Luftwaffe en 1943 que foi gravemente danado durante a segunda guerra mundial. O aeroporto civil inaugurouse o 4 de maio de 1963. Nun principio os servizos foron proporcionados por SAS cara aos principais aeroportos do norte e cara a Oslo, pero nos anos 70 abríronse varios aeroportos rexionais en Finnmark, e Widerøe comezou a operar para conectalos. A importancia rexional de Alta aumentou en 1990, cando se converteu no centro de conexións da nova SAS Commuter. Norwegian comezou a voar ao aeroporto en 2003 e no ano 2009 inaugurouse unha nova terminal.

Aeroliñas e destinos editar

Aeroliñas Destinos
Aegean Airlines Chárter: Chania
BH Air Chárter: Burgas
Corendon Airlines Chárter: Bodø, Milas-Bodrum
FlyViking Tromsø
Norwegian Air Shuttle Oslo-Gardermoen
Estacional: Tromsø
Scandinavian Airlines Oslo-Gardermoen, Tromsø
Widerøe Hammerfest, Kirkenes, Lakselv, Mehamn, Tromsø, Vadsø

Notas editar

  1. Avinor (ed.). "Statistics". Consultado o 7 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar