Nordic Regional Airlines
Nordic Regional Airlines Oy (comercializada como Norra e estilizado como N°RRA, e anteriormente Flybe Nordic)[1] é unha aeroliña rexional finlandesa baseada no aeroporto de Helsinqui. A compañía é propiedade de Finnair.[2]
Nordic Regional Airlines | ||
---|---|---|
IATA N7 | OACI FIN | Indicativo FINNAIR |
Fundación | 2011 (como Flybe Nordic) | |
Inicio das operacións | maio de 2015 (como Nordic Regional Airlines) | |
Aeroporto principal | aeroporto de Helsinqui | |
Plan de voo frecuente | Finnair Plus | |
Alianza | Oneworld (afiliada) | |
Frota | 24 | |
Destinos | 35 | |
Holding | Finnair | |
Páxina web: http://flynorra.com |
A aeroliña comezou a operar como Flybe Nordic o 20 de outubro de 2011 como unha empresa conxunta entre Flybe e Finnair, despois da súa compra de Finncomm Airlines. Flybe vendeu o seu 60% a Finnair como unha solución temporal ao prezo de 1 euro en marzo de 2015.[3] A compañía vén operando co código de Finnair dende o 1 de maio de 2015. A súa sede e centro de operacións atópase en Vantaa, aínda que en Seinäjoki teñen o seu departamento financeiro.[4]
Frota
editarEn maio de 2018 a frota de Nordic Regional Airlines estaba formada polos seguintes avións:[5]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
J | Y | Total | ||||
ATR 72-500 | 12 | — | — | 68 | 68 | Alugados a Finnair |
72 | 72 | |||||
Embraer 190LR | 12 | — | 12 | 88 | 100 | Operados por Finnair |
Total | 24 | — |
Notas
editar- ↑ ch-aviation (ed.). "Finland's Flybe. Nordic rebrands as Nordic Regional Airlines". Consultado o 5 de maio de 2018.
- ↑ Norra (ed.). "Us". Consultado o 5 de maio de 2018.
- ↑ Financial Times (ed.). "Flybe agrees to sell Finnish division for €1".
- ↑ Norra (ed.). "About us". Consultado o 5 de maio de 2018.
- ↑ Norra (ed.). "Fleet". Consultado o 5 de maio de 2018.