Nordica
Nordica foi a aeroliña nacional de Estonia. A compañía era propiedade do estado estoniano, tiña a súa sede en Talín e estaba baseada no aeroporto desa cidade. A compañía pechou en novembro de 2024 despois de que fracasaran as negociacións para atopar un comprador.[1]
Nordica | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA EE | OACI EST | Indicativo REVAL |
Fundación | 25 de setembro de 2015 | |
Inicio das operacións | 8 de novembro de 2015 | |
Fin das operacións | 20 de novembro de 2024 | |
Plan de voo frecuente | Miles & More | |
Frota | 12 | |
Destinos | 19 | |
Holding | AS Nordic Aviation Group | |
Eslogan da compañía | Eesti moodi eriline | |
Sede | Talín, Estonia | |
Páxina web: https://www.nordica.ee/ |
Historia
editarPrimeiros anos
editarA compañía fundouse o 25 de setembro de 2015 por decisión do goberno estoniano co nome de Nordic Aviation,[2] tras a liquidación da anterior aeroliña nacional, Estonian Air. As operacións comezaron o 8 de novembro dese meso ano cun voo entre Talín e Ámsterdam.
O 30 de marzo de 2016 anunciouse que o novo nome da aeroliña sería Nordica.[3][4]
No primeiro ano a aeroliña eslovena Adria Airways operou a meirande parte dos voos de Nordica mentres esta se facía coa súa propia frota e tripulación. Dende o 19 de novembro de 2016 Nordica estableceu unha asociación estratéxica con LOT Polish Airlines, usando a súa plataforma comercial, o seu sistema de billetes e o seu código de voo.[5] Como a meirande parte dos voos comercializábanse por LOT Polish Airlines, que era propietaria do 49% das accións da filial de Nordica Regional Jet, aínda membro de Star Alliance, Nordica tamén usou códigos de voooo e indicativos de LOT en moitos dos seus voos. Porén, a asociación rematou a principios de 2021, cando Nordica mercou todas as accións de LOT en Xfly (a antiga Regional Jet) e converteuse no seu único propietario.[6]
A partir de 2017, Xfly en colaboración con Scandinavian Airlines, operaba seis ATR72-600 e sete Bombardier CRJ-900 entre destinos escandinavos e outros do norte de Europa.[7]
En marzo de 2018 Nordica abriu unha base no aeroporto de Groningen Eelde, nos Países Baixos.[8] En novembro dese mesmo ano 2018 Nordica anunciou que deixaría de operar oito rutas dende o aeroporto de Talín a partir do verán de 2019.[9] A compañía tamén pechou a súa base en Groningen o 29 de decembro de 2018.[10]
En xuño de 2019 Nordica anunciou que cancelaría todas as operacións programadas restantes dende a súa base en Talín debido á alta competencia e as rutas deficitarias no mercado local. Aínda que unhas poucas rutas serían pouco despois collidas pola súa asociada LOT Polish Airlines, Nordica pasou a centrarse en operacións de alugueiro para outras aeroliñas coa ambición de expandirse.[11]
Desenvolvemento cara a quebra
editarEn febreiro de 2020, en medio da crise mundial pola pandemia de COVID-19, a subsidiaria de Nordica Regional Jet anunciou o seu cambio de nome a Xfly. A compañía tamén expresou o seu interese en expandir as súas operacións alugando sete Embraer 190/195.[12]
A principios de 2021 Nordic Aviation Group acordou con LOT mercar o 49% das súas accións en Xfly, converténdose así no único propietario da filial. A pesar do acordo de compra, a cooperación entre LOT e Nordica continuaría.[13]
En xullo de 2021 Xfly anunciou que estaba planeando asumir as operacións que outras compañías estiveran ampliando debido á tempada baixa relacionada coa pandemia na aviación. A dirección da empresa viu oportunidades para conseguir contratos de servizos ACMI (arrendamento húmido) en toda Europa a partir de 2021.[14]
No mes de setembro de 2024 Scandinavian Airlines anunciou que remataría o seu contrato con Xfly en novembro dese ano.[15] O 20 de novembro a compañía nai de Nordica e Xfly anunciou que o proceso de privatización iniciado fracasara e que a compañía cesaba inmediatamente de operar, declarabase e quebra e comezaba o seu proceso de liquidación.[1][16]
Frota
editarEn novembro de 2024 a derradeira frota de Nordica estaba composta polas seguintes aeronaves:[17][18]
Avións | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
P | Y | Total | |||||
Airbus A320-200 | 1[17] | 9[19] | — | 180 | 180 | ||
ATR 72-600 | 9[17] | — | — | 70 | 70 | 7 operaron para Scandinavian Airlines ata novembro de 2024[15] | |
Bombardier CRJ900ER | 9[17] | — | — | 88 | 88 | Operaron para Scandinavian Airlines ata novembro de 2024[15] | |
Total | 19 | 9 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Dunn, Graham. "Estonia’s Nordic Aviation Group files for bankruptcy after privatisation collapses". Flight Global (en inglés). Consultado o 2025-04-04.
- ↑ Eesti Rahvusringhääling (ed.). "Nordic Aviation Group takes over Estonian Air routes". Consultado o 10 de febreiro de 2017.
- ↑ Air Transport World (ed.). "Estonia’s Nordic Aviation rebrands as Nordica". Consultado o 10 de febreiro de 2017.
- ↑ Postimees (ed.). "Nordica: oleme kriitikast üllatunud". Consultado o 10 de febreiro de 2017.
- ↑ The Baltic Course (ed.). "Estonian Nordica enters into strategic partnership with Polish LOT". Consultado o 10 de febreiro de 2017.
- ↑ Klišauskaitė, Vytė (2021-01-04). "Nordica to acquire LOT stake in Xfly, become sole owner - AeroTime". www.aerotime.aero (en inglés). Consultado o 2025-04-05.
- ↑ "Regional Jet OÜ takes over ATR production for SAS - SAS". www.sasgroup.net (en inglés). Consultado o 2025-04-05.
- ↑ "Nordica to open Groningen, Netherlands base". ch-aviation (en inglés). Consultado o 2025-04-05.
- ↑ "Nordica to shut down 8 routes from Tallinn next summer". ERR (en inglés). 2018-11-16. Consultado o 2025-04-05.
- ↑ Woerkom, Klaas-Jan van (2018-12-03). "Vertrek Nordica flinke domper voor Groningen Airport Eelde". Luchtvaartnieuws (en neerlandés). Consultado o 2025-04-05.
- ↑ "Nationalairline Estlands: Nordica stellt alle eigenen Flüge ein". aeroTELEGRAPH (en alemán). 2019-06-26. Consultado o 2025-04-05.
- ↑ "Regional Jet changes name to Xfly, to lease seven new aircraft". ERR (en inglés). 2020-02-28. Consultado o 2025-04-05.
- ↑ Klišauskaitė, Vytė (2021-01-04). "Nordica to acquire LOT stake in Xfly, become sole owner - AeroTime". www.aerotime.aero (en inglés). Consultado o 2025-04-14.
- ↑ "Xfly Sees Opportunities For Capacity Purchase Agreements Post-COVID". Aviation Week Network. Consultado o 2025-04-05.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 "SAS ends cooperation with Estonia's Nordica". ERR (en inglés). 2024-09-26. Consultado o 2025-04-05.
- ↑ "Nordic Aviation Group's Press Release: December 4, 2024 - Nordic Aviation Group". www.nagroup.ee (en inglés). 2024-12-04. Consultado o 2025-04-05.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 17,3 "About us - Nordic Aviation Group". www.nagroup.ee (en inglés). 2022-11-17. Consultado o 2025-04-05.
- ↑ "Õhusõidukite register". Transpordiamet (en estoniano). Consultado o 2025-04-05.
- ↑ "SAS-leverantör bygger ut flottan med A320". www.flygtorget.se (en sueco). Consultado o 2025-04-05.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nordica |
A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |