Aeroporto de Kärdla

O aeroporto de Kärdla (IATA: KDLOACI: EEKA) é un aeroporto estoniano situado a 13 quilómetros ao leste da cidade de Kärdla, na illa de Hiiumaa.

Aeroporto de Kärdla
Kärdla lennujaam

IATA: KDL – ICAO: EEKA
Sumario
Tipo público
Operador SC Kärdla Airport
Cidade/Illa Kärdla
Elevación (msnm) 5 metros / 18 pés
Coordenadas Coordenadas: 58°59′26″N 22°49′50″L / 58.990555555556, 22.830555555556
Web http://www.kardla-airport.ee
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
14/32 1 520 4 987 asfalto
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 9 168

O aeroporto foi inaugurado en 1963. Durante os seguintes anos tivo a súa máxima actividade, con voos regulares cara Talín, Haapsalu, Vormsi, Kuressaare, Riga, Pärnu, Viljandi e Tartu, e voos chárter a Murmansk, Vilnius e Kaunas. No ano 1987 usaron o aeroporto 24 335 pasaxeiros, pero o tráfico aéreo descendeu dramaticamente tras a independencia de Estonia en 1991. En 1995 só 727 pasaxeiros viaxaron a través do aeroporto. Dende entón o tráfico foi incrementándose novamente e en 2017 pasaron polas súas instalacións un total de 9 168 pasaxeiros.

O 23 de novembro de 2001 un avión procedende de Talín con 17 persoas a bordo esnafrouse na ruta a Kärdla, preto de Palade en Hiiumaa, a uns 2 quilómetros da pista. Dúas persoas morreron no accidente.[1]

Aeroliñas e destinos editar

Aeroliñas Destinos
Transaviabaltika Talín

Notas editar

  1. Aviation Safety Network (ed.). "Accident description". Consultado o 15 de maio de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar