Montenegro Airlines

Montenegro Airlines a.d. (montenegrino: Монтенегро ерлајнс / Montenegro erlajns) é a aeroliña nacional de Montenegro,[1] con sede en Podgorica. Opera servizos regulares e chárter cara Europa dende o seu centro de conexións no aeroporto de Podgorica cunha segunda base no aeroporto de Tivat.

Montenegro Airlines
IATA
YM
OACI
MGX
Indicativo
MONTENEGRO
Fundación24 de outubro de 1994
Aeroporto principalaeroporto de Podgorica
Plan de voo frecuenteVision Team
Frota6
Destinos15
Páxina web: https://montenegroairlines.com

Historia

editar

A aeroliña fundouna o goberno da República Federal de Iugoslavia o 24 de outubro de 1994. O primeiro avión, un Fokker 28 Mk4000 (alcumado "Lovćen"), foi mercado case dous anos despois, en 1996. O primeiro voo comercial da aeroliña foi o 7 de maio de 1997, entre Podgorica e Bari, Italia.[2]

En abril de 2000 Montenegro Airlines converteuse en membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional (IATA). No mes de xuño dese ano recibiu o primeiro de cinco avións Fokker 100. A aeroliña uniuse a Amadeus CRS o 5 de marzo de 2003. En 2004 os seus pilotos foron os primeiros da rexión e conseguir o certificado IIIA. O 2 de xullo dese anos a compañía transportou ao seu pasaxeiro 1 millón.[2]

Despois do referendo de independencia de Montenegro, Serbia converteuse nun mercado internacional para as compañías montenegrinas. Montenegro Airlines tivo que cesar os voos internacionais dende Serbia cara países que non fosen Montenegro, perdendo así a rendible ruta entre Niš e Zürich, debido á falta da política da sétima liberdade. Nun esforzo para evitar isto Montenegro Airlines rexistrou unha aeroliña distinta en Serbia chamada Master Airways, pero se lle denegou unha licenza de operación upostamente debido ás políticas proteccionistas serbias.

O 23 de xullo de 2007 Montenegro Airlines pediu 2 Embraer 195 para aumentar a súa frota e a súa rede de destinos. Os avións foron alugados a GECAS por un período de 8 anos. O primeiro dos aparellos chegou ao aeroporto de Podgorica o 5 de xuño de 2008.[3] Tras a entrega do primeiro Embraer a compañía comezou a voar regularmente aos aeroportos de Londres-Gatwick e de Milán-Malpensa.

O 17 de abril de 2009 El Al e Montenegro Airlines emitiron unha declaración conxunta reiterando o intereses da aeroliña israelí de mercar o 30% das accións, pero os plans non saíron adiante.[4] Montenegro Airlines permaneceu como unha compañía estatal e goza de apoio financeiro do goberno.[5]

Tras a chegada dos dous primeiros Embraer 195 da aeroliña, Montenegro Airlines pediu a Embraer cambiar o resto do pedido polo modelo E-175.[6] Porén, un terceiro E-195 foi entregado de todas formas, pero o cuarto aparello restante sería un E-175. O 6 de xullo de 2012 medios locais informaron de que Montenegro Airlines cambiara novamente o cuarto pedido, desta vez pedindo o modelo E-190LR. Este avión foi entregado en maio de 2014.[7] En novembro de 2014 Montenegro Airlines puxo os seus dous Fokker 100 en venda. Porén, en xuño de 2005 aínda non atopara comprador polo que probablemente os aparellos sexan desguazados.[8]

En agosto de 2016 informouse de que contas pertencentes a Montenegro Airlines conxeláranxe despois de que a aeroliña non cumprise cunha sentenza xudicial sobre o pago de débedas ao operador dos aeroportos do país. Montenegro Airlines debíalle á compañía máis de 15 millóns de dólares.[9]

 
Embraer 195
 
Fokker 100

En abril de 2018 a frota de Montenegro Airlines estaba formada polos seguintes avións:[10]

Frota de Montenegro Airlines
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Y Total
Boeing 737-500 1 120 120 Alugado a Air X Charter[11]
Embraer 195 3 116 116
Fokker 100 2 102 102 Van ser retirados a finais de 2018[8]
Total 6
  1. Centre for Aviation (ed.). "Flag carriers of the former Yugoslavia urged to unite". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 27 de maio de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Montenegro Airlines (ed.). "About us". Consultado o 27 de maio de 2018. 
  3. Embraer (ed.). "Embraer delivers first Embraer 195 jet to Montenegro Airlines" (PDF). Archived from the original on 31 de outubro de 2008. Consultado o 27 de maio de 2018. 
  4. EX-YU Aviation News (ed.). "El Al dumps Montenegro plans". Consultado o 27 de maio de 2018. 
  5. Vijesti (ed.). "Montenegro erlajns na izdisaju, država jedini spas". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2018. Consultado o 27 de maio de 2018. 
  6. EX-YU Aviation News (ed.). "Montenegro Airlines changes aircraft order". Consultado o 27 de maio de 2018. 
  7. RTCG (ed.). "M.Erlajns dobio novi avion". Consultado o 27 de maio de 2018. 
  8. 8,0 8,1 ch-aviation (ed.). "Montenegro Airlines pulls Fokker 100s off market". Consultado o 27 de maio de 2018. 
  9. ch-aviation (ed.). "Montenegro Airlines accounts frozen over ACG debts". Consultado o 27 de maio de 2018. 
  10. Planespotters (ed.). "Montenegro Airlines Fleet Details and History". Consultado o 27 de maio de 2018. 
  11. Planespotters (ed.). "9H-OME Montenegro Airlines Boeing 737-505". Consultado o 27 de maio de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar