Abrir o menú principal

Air Moldova é a aeroliña nacional de Moldavia con sede en Chișinău. Opera principalmente servizos regulares e chárter a destinos dentro de Europa dende a súa base no aeroporto de Chișinău.

Air Moldova
Air Moldova.png
IATA
9U
OACI
MLD
Indicativo
AIR MOLDOVA
Fundación1993
Aeroporto principalaeroporto de Chișinău
Plan de voo frecuenteAir Moldova Club
Frota7
Destinos29
Eslogan da compañíaBorn to fly
SedeChișinău, Moldavia
Páxina web: https://www.airmoldova.md

HistoriaEditar

A aeroliña foi creada no ano 1993[1] sobre a base da unidade local de Aeroflot. Dende a súa fundación os esforzos da compañía foron na dirección de integrarse no mercado internacional e cumprir cos estándares e normativas para as aeroliñas de primeira liña.

O 13 de xullo de 2004 Air Moldova converteuse en membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional. A aeroliña tamén superou unha auditoría de seguridade nas operacións e obtivo o certificado de operador IOSA. En maio de 2006 a compañía puxo en funcionamento os billetes electrónicos en todos os seus voos. O certificado de operador de Air Moldova permítelle o transporte de pasaxeiros, mercadorías e correo dende xullo de 2007.

En febreiro de 2015 Air Moldova deixou de voar tres rutas a Bucarest, Kiev e Sochi cando o contrato con Tandem Aero, que as operaba no seu nome, rematou.[2] A ruta Chișinău-Bucarest relanzouse posteriormente o 12 de decembro de 2016.

FrotaEditar

 
Airbus A320-200 de Air Moldova
 
Embraer E-190 de Air Moldova

En novembro de 2017 a frota de Air Moldova estaba formada polos seguintes avións:[3]

Frota de Air Moldova
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
J Y Total
Airbus A319-100 2 138 138
Airbus A320-200 2 8 162 170
Embraer E-190 3 6 108 114
Total 7

Embraer asinou un pedido en firme con Air Moldova por 2 Embraer 190. O constrato incluía os dereitos de compra por un aparello máis. A entrega foi o 10 de maio de 2010. Un terceiro Embraer 190 (fabricado en 2009 e anteriormente operado por Lufthansa e Borajet) joined the fleet in 2016.

NotasEditar

  1. Air Moldova (ed.). "History". Consultado o 16 de marzo de 2018. 
  2. ch-aviation (ed.). "Air Moldova ends Embraer 120 operations". Consultado o 16 de marzo de 2018. 
  3. Planespotters (ed.). "Air Moldova Fleet Details and History". Consultado o 16 de marzo de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar