Aeroporto de Plovdiv
O aeroporto de Plovdiv (IATA: PDV, OACI: LBPD) é o aeroporto que serve á segunda cidade máis grande de Bulgaria, Plovdiv. É o cuarto aeroporto máis concorrido do país, despois dos de Sofía, Burgas e Varna. Tamén é coñecido como aeroporto de Plovdiv Krumovo, por unha pequena vila ao lado do mesmo situada a 6 quilómetros ao sueste de Plovdiv.
Aeroporto de Plovdiv Летище Пловдив
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Letishte Plovdiv EAD | ||
Cidade/Illa | Plovdiv | ||
Localización | Krumovo | ||
Elevación (msnm) | 182 metros / 597 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
12/30 | 2 500 | 8 202 | formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 77 649 |
O aeroporto de Plovdiv serve á estacións de esquí próximas de Bansko, Pamporovo e Borovets, e polo tanto opera principalmente voos chárter durante o inverno, dende finais de decembro ata marzo. Principalmente opera voos chárter cara ao Reino Unido e Rusia. Tamén xoga un papel importante en caso de emerxencias e é usado ocasionalmente como aeroporto alternativo para o de Sofía, que se atopa a uns 150 quilómetros de distancia.
Aeroliñas e destinos
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
Arkia | Estacional: Tel Aviv-Ben Gurion[1] |
Ryanair | Bérgamo (remata en outubro de 2018), Charleroi (remata en outubro de 2018), Hahn (remata en marzo de 2018), Londres-Stansted |
SunExpress | Chárter estacional: Esmirna |
S7 Airlines | Estacional: Moscova-Domodedovo |
Travel Service | Chárter estacional: Praga |
Thomas Cook Airlines | Estacional: Belfast-Internacional |
Notas
editar- ↑ Darik News (ed.). "Посрещаме редовни чартъри от Тел Авив". Consultado o 6 de marzo de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web do aeroporto Arquivado 29 de xuño de 2011 en Wayback Machine.