Antonov An-26

O Antonov An-26 (denominación da OTAN: Curl) é avión un bimotor turbohélice usado para o transporte militar, deseñado e producido na Unión Soviética dende marzo de 1968.

Antonov An-26
Antonov.an26.fairford.arp.jpg
Tipotransporte
FabricanteAntonov
Primeiro voo21 de maio de 1969
Estadoen activo
Produción1969 - 1986
Unidades construídas1.403
VariantesAntonov An-32

DeseñoEditar

Tras as exitosas operacións do transporte táctico An-24T en lugares pouco preparados aumentou o interese por unha versión cunha maior rampla de carga retráctil. Os primeiros estudos para a rampla retráctil leváronse a cabo como parte do proxectado transporte medio An-40. Cando e lle deu o visto e prace ao An-26 en marzo de 1968 Antonov adoptou o deseño da rampla do An-40 para a fuselaxe do An-24, nacendo así o An-26. Prestóuse especial atención ás misións militares e a meirande parte dos primeiros An-26 foron entregados ao VT-A (o mando de aviación de transporte da forza aérea soviética).

Usando a meirande parte da estrutura do An-24, como a configuaración das ás, os motores e a tren de aterraxe, o An-26 incluía equipo militar, como asentos de lona abatibles para paracaidistas, elevadores colgantes, ventás de observación e liñas estáticas de conexión de paracaídas. O An-26 realizou a súa estrea pública no 27º Paris Air Show de Le Bourget onde o segundo prototipo, CCCP-26184 (c/n00202), foi amosado na exposición estática.

O An-26 tamén se fabricou sen acordo de licenza na China por Xian Aircraft Factory como o Y-14, posteriormente cambiado para ser incluído na serie Xian Y7.