Antonov An-32

O Antonov An-32 (designación OTAN: Cline) é un avión bimotor turbohélice utilizado como transporte militar. O An-32 ten excelentes características de engalaxe en condicións quentes e altas, e é axeitado para ser utilizado como transporte táctico medio e tamén para roles comerciais.

Antonov An-32
AirMark Antonov An-32 Spijkers-2.jpg
Tipotransporte militar
FabricanteAviant
Deseñado porAntonov
Primeiro voo9 de xullo de 1976
Estadooperativo
Produción1982 - presente
Unidades construídas373
VariantesAntonov/Taqnia An-132

Deseño e desenvolvementoEditar

O An-32 é esencialmente un An-26 remotorizado. Está deseñado para resistir mellor que o seu antecesor as condicións meteorolóxicas adversas. O An-32 anunciouse no Paris Air Show en maio de 1977, e distinguíase do An-26 por ter os motores elevados 1,5 m sobre a á co obxectivo de evitar danos producidos por obxectos estraños en pistas non preparadas.

O tipo conta con ás altas con slats no bordo de ataque automáticos, grandes flaps de tres rañuras, unha deriva agrandada, e un considerable aumento en potencia, conseguindo un mellor rendemento nas engalaxes e un maior teito de servizo. A situación alta dos motores sobre as ás perme hélices de maior diámetro, impulsadas por motores turbohélice Ivchenko AI-20 de 5 100 cabalos, case odobre de potencia que os motores AI-24 do Antonov An-26.[1][2]

A produción na fábrica de avións do goberno en Kyiv incluíu 123 aparellos para a Forza Aérea da India, que mercou o modelo debido ás fortes relacións entre o entón líder da URSS, Leonid Brezhnev, e a líder da India, Indira Gandhi.[1][2] A meirande parte da produción foi para as forzas aéreas de Rusia e Ucraína, sendo fabricados uns 40 avións por ano entre finais dos 80 e principios dos 90.[1] O prezo estimado dun An-32 modernizado e duns 15 millóns de dólares.[2]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Allport, Dave (abril de 1996). "Military Transport Aircraft Directory (Part 2)". Air International. Vol. 50, no. 4. p. 239.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Ан нет, Ан есть. Украина «нашла» потерянные индийские Ан-32". ФБА "Экономика Сегодня" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2017. Consultado o 2022-01-26.