Indira Gāndhi

Primeira Ministra da India (1966–1977, 1980–1984)

Indira Priyadarshini Gandhi, nada co apelido Nehru en Allahabad o 17 de novembro de 1917 e finada en Delhi o 31 de outubro de 1984, foi unha política india e figura central do Congreso Nacional Indio.[1] Foi a primeira e, polo momento, única muller que exerceu como Primeira Ministra da India. Indira Gandhi era a filla de Jawaharlal Nehru, o primeiro Primeiro Ministro da India. Ela exerceu o poder no seu país entre o 19 de xaneiro de 1966 até o 24 de marzo de 1977, e novamente dende o 14 de xaneiro de 1980 até o seu asasinato en 1984, levado a cabo por extremistas sikhs. É a segunda Primeira Ministra da India que máis tempo ocupou o seu cargo, só por detrás do seu pai.[2]

Modelo:BiografíaIndira Gāndhi

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(hi) इन्दिरा प्रियदर्शिनी गान्धी Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1917 Editar o valor en Wikidata
Prayagraj, India Editar o valor en Wikidata
Morte31 de outubro de 1984 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Nova Deli, India Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRaj Ghat Editar o valor en Wikidata
Ministra de Asuntos Exteriores da India
19 de xullo de 1984 – 31 de outubro de 1984
← P. V. Narasimha RaoRajiv Gandhi →
Primeiro ministro da India
14 de xaneiro de 1980 – 31 de outubro de 1984
← Chaudhary Charan SinghRajiv Gandhi →
Ministra de Defensa da India
14 de xaneiro de 1980 – 15 de xaneiro de 1982
← Chidambaram Subramaniam (en) TraducirR. Venkataraman →
Ministra de Defensa da India
30 de novembro de 1975 – 20 de decembro de 1975
← Swaran Singh (en) TraducirBansi Lal (en) Traducir →
Minister of Home Affairs (en) Traducir
27 de xuño de 1970 – 4 de febreiro de 1973
← Yashwantrao ChavanUma Shankar Dikshit (en) Traducir →
Ministra de Finanzas da India
16 de xullo de 1969 – 27 de xuño de 1970
← Morarji Desai (pt) TraducirYashwantrao Chavan →
Ministra de Asuntos Exteriores da India
6 de setembro de 1967 – 13 de febreiro de 1969
← Mahomed Ali Currim ChaglaDinesh Singh (en) Traducir →
Primeiro ministro da India
24 de xaneiro de 1966 – 24 de marzo de 1977
← Gulzarilal NandaMorarji Desai (pt) Traducir →
Minister of Information and Broadcasting (en) Traducir
1964 – 1966
← Satya Narayan Sinha (en) TraducirKodardas Kalidas Shah (en) Traducir →
Membro do Rajya Sabha
1964 – 1984
Member of the 7th Lok Sabha (en) Traducir
Membro do Lok Sabha
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNova Deli
Raebareli (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónSomerville College - ciencia histórica (1937–)
Badminton School (en) Traducir
Visva-Bharati University (en) Traducir
Patha Bhavana (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, escritora Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCongreso Nacional Indio Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
1952Third International Conference on Planned Parenthood (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaFamilia Nehru-Gandhi Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFeroze Gandhi (1942–1960) Editar o valor en Wikidata
FillosRajiv Gandhi, Sanjay Gandhi Editar o valor en Wikidata
PaisJawaharlal Nehru Editar o valor en Wikidata  e Kamala Nehru Editar o valor en Wikidata
ParentesSonia Gandhi, nora Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Funeral de Estado (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ганди Индира)
Obálky knih,
Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0304156 BNE: XX1108831 Musicbrainz: b1da9dfa-2bab-4e42-818a-124ed5ccb4bd Discogs: 3930282 WikiTree: Nehru-5 Find a Grave: 6000976 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Durante a época de goberno de Nehru como Primeiro Ministro da India dende 1947 até 1964, Gandhi foi considerada unha asistente chave que o acompañou nas súas numerosos viaxes ó estranxeiro.[3] Foi elixida como Presidenta do Congreso Nacional Indio en 1959. Logo da morte do seu pai en 1964, foi nomeada membro da Rajya Sabha (cámara alta) e membro do gabinete de Lal Bahadur Shastri como Ministra de Información e Radiodifusión.[4] Na elección de liderado parlamentario do Partido do Congreso celebrada a comezos de 1966 (logo da morte de Shastri), ela derrotou ó seu rival Morarji Desai para se converter en líder, e así sucedeu a Shastri como Primeira Ministra da India.

Como Primeira Ministra, Gandhi foi coñecida pola súa política intransixente e pola centralización de poder sen precedentes. Entrou en guerra con Paquistán en apoio do movemento de independencia de Paquistán Oriental e nunha guerra de independencia, a cal deu como resultado unha vitoria india e a creación do estado de Bangladesh. Ademais isto provocou o incremento da influencia da India, que se converteu nunha potencia rexional de Asia Meridional. Citando tendencias separatistas, e en respota dunha chamada pola revolución, Gandhi instituíu o estado de emerxencia no país entre 1975 e 1977, onde as liberdades civís básicas foron suspendidas e a prensa foi censurada. Durante a emerxencia leváronse a cabo atrocidades xeneralizadas.[5] Na década de 1980, regresou ó poder logo de eleccións libres. Logo de que Gandhi ordenase unha acción militar no Templo Dourado como parte da Operación Blue Star, os seus propios gardacostas e nacionalistas sikh asasinárona o 31 de outubro de 1984.

En 1999, Indira Gandhi foi nomeada "Muller do Milenio" nunha enquisa en liña organizada pola BBC.[6] En 2020, Gandhi foi nomeada pola revista Time como unha das 100 mulleres máis poderosas do mundo que definiron o século pasado.[7][8]

  1. Ghose, Sagarika (18 November 2017). "19th November 2017: 100 years of Indira Gandhi. She was the mother of every Indian supremo". The Times of India. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2019. 
  2. Tandon, P.D. (21 de maio de 2001). "The truth about Indira". Outlook India. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 1 de xuño de 2018. 
  3. "Indira Gandhi – India's democrat with an authoritarian bent". DW. 19 de novembro de 2017. 
  4. "Smt. Indira Gandhi". Congreso Nacional Indio. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2019. Consultado o 2 de xaneiro de 2020. 
  5. "The darkest phase in Indira's tenure as PM – Emergency!". The Economic Times. 
  6. BBC News (ed.). "BBC Indira Gandhi 'greatest woman'". Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  7. "Indira Gandhi, Amrit Kaur named by TIME among '100 Women of the Year'". The Economic Times. 5 de marzo de 2020. 
  8. "1976: Indira Gandhi". Time. 5 de marzo de 2020. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.