Aeroporto de Liverpool-John Lennon
O aeroporto de Liverpool John Lennon (IATA: LPL, ICAO: EGGP) é un aeroporto internacional que serve ao noroeste de Inglaterra. Co estoupido da segunda guerra mundial o aeroporto foi operado pola Royal Air Force e coñecido como RAF Speke. O aeroporto está dentro da cidade de Liverpool, nas riberias do estuario do río Mersey, a uns 12 km ao sueste do centro. Orixinalmente chamado aeroporto de Speke, no ano 2001 foi rebautizado na honra do músico da cidade John Lennon, membro de The Beatles. Dende o aeroporto operan voos regulares domésticos, cara a Europa e cara ao Norte de África.
Aeroporto de Liverpool John Lennon Liverpool John Lennon Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Propietario | Peel Airports | ||
Operador | Liverpool Airport Ltd | ||
Localización | Speke, Liverpool | ||
Elevación (msnm) | 25 metros / 81 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
09/27 | 2 285 | 7 497 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 4 778 939 |
Entre 1997 e 2007 foi un dos aeroportos europeos con maior crecemento, incrementando o número de pasaxeiros anual dos 689 468 en 1997 ata os 5 470 000 en 2007.[1] A pesar de que o número de pasaxeiros decreceu ata os 4 778 939 en 2016, aumentou con respecto ao ano 2015 un 11,1%, sendo o 12º aeroporto máis concorrido do Reino Unido.
Aeroliñas e destinos
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editarNotas
editar- ↑ Civil Aviation Authority (ed.). "Airport data". Consultado o 29 de setembro de 2017.
- ↑ https://www.liverpoolairport.com/news/2017/07/easyjet-to-fly-to-venice-from-ljla/
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/271685/ryanair-w17-new-routes-as-of-05mar17/