Iberia Líneas Aéreas de España

aeroliña española

Iberia é unha aeroliña española (o seu nome oficial é Iberia Líneas Aéreas de España, S.A., Operadora Unipersonal.[1]). É unha das compañías aéreas máis antigas do mundo e está entre as cinco compañías aéreas máis grandes de Europa.

Iberia Líneas Aéreas de España
Logo
TipoAeroliña
Data de fundación1927
Nomeado en referencia aIberia
Presidente/aJavier Sánchez-Prieto (en) Traducir (2020-) Editar o valor en Wikidata
Director/aAntonio Vázquez Romero
Organización matrizInternational Airlines Group
Organización subsidiariaAviaco, Clickair e Iberia Express
SedeMadrid
EnderezoC/ Martínez Villergas, 49 28027 Madrid e calle Velázquez nº 130, 28006 Madrid
PaísEspaña
Na rede
https://www.iberia.com/
Twitter: Iberia Instagram: iberia Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Boeing 757 de Iberia
Sede de Iberia en Madrid
Avión de Iberia sobrevoando O Burgo, Culleredo
Airbus A340-600 de Iberia
A319-100 de Iberia

Historia

editar

Fundación

editar

Iberia foi fundada o 28 de xuño de 1927 por Horacio Echeberrieta. O 14 de decembro dese mesmo ano realizou o seu primeiro voo. Estaba previsto que fose entre Madrid e Barcelona, con Afonso XIII a bordo, pero dúas horas antes engalara outro avión de Barcelona a Madrid coa intención de que o rei vise a súa aterraxe no aeroporto de Carabanchel (actual Cuatro Vientos)[2].

Iberia iniciou a súa actividade comercial con tres avións Rohrbach R-VIII Roland, uns trimotores con capacidade para dez pasaxeiros que viaxaban en asentos de vimbio, dous tripulantes, equipaxe e carga, dotados de lavabo e cunha velocidade punta de 205 km/h.

Nos primeiros anos comezan a establecerse as primeiras rutas entre cidades da península, as illas Canarias e algunhas cidades da costa do norte de África.

En 1929 Iberia foi forzada a ceder as súas rutas e avións á acabada de crear CLASSA, a instancias do ditame do Directorio Militar para formar un monopolio cunha soa compañía que agrupara todas as existentes por entón en España. Iberia retería parte do accionariado de CLASSA. Tras a proclamación da Segunda República Española, CLASSA foi disolta e creouse así LAPE, que absorbeu todas as rutas e bens de CLASSA. Todos os accionistas de CLASSA recibiron unha indemnización por iso. Durante todos os anos de existencia de CLASSA e LAPE, Iberia foi unha sociedade dormente sen actividade real, pero pese a iso, presentaba anualmente o seu balance de contas no rexistro mercantil.

Rutas internacionais

editar

En 1939 Iberia fixo o primeiro voo entre Madrid e Lisboa, comezando a realizar voos internacionais que ampliaría a comezos dos anos 40 incorporando á lista cidades como Londres, París ou Roma en Europa e Buenos Aires e Montevideo no continente americano. Convértese así na primeira compañía que establece, despois da guerra, un servizo aéreo entre Europa e América do Sur.

Na década dos 50 Iberia supera a cifra do medio millón de pasaxeiros, introdúcese no mercado do Atlántico Norte e o 3 de agosto de 1954 (aniversario da saída de Colón de Palos) inaugúrase a liña Madrid-Nova York con tres avións Super Constellation, bautizados cos nomes das carabelas de Colón: Pinta, Niña e Santa María.

Os primeiros reactores

editar

O 29 de maio de 1961 celébrase en California a entrega dos tres primeiros reactores da historia de Iberia, os DC-8, que serían bautizados "Velázquez", "El Greco" e "Goya". Este modelo de avión era considerado "o rei das longas distancias": Nova York, Caracas, San Xoán de Porto Rico, México, A Habana e Buenos Aires eran os seus destinos.

O 22 de outubro chega ao aeroporto de Madrid-Barajas o primeiro Boeing 747, coñecido popularmente como Jumbo. Este foi bautizado co nome de "Cervantes".

Nos anos 70 establécense novas rutas a destinos como Istambul, Atenas, Varsovia, Budapest ou Kuwait. No mes de novembro de 1974 establécese a primeira Ponte Aérea de Europa, entre as cidades de Madrid e Barcelona como resposta á elevada concentración de pasaxeiros.

O 20 de xuño de 1987 Iberia, Air France, Lufthansa e SAS crean Amadeus, un sistema global de reservas informatizadas. Este proporciona a miles de axencias de viaxe e oficinas de venda de pasaxes información de horarios, dispoñibilidade de prazas e prezos de billetes de avión de distintas compañías aéreas; tamén facilita a reserva, compra e emisión dos billetes, entre outros servizos.

Modernización da frota

editar

Entre finais dos anos 80 e principios dos 90, Iberia moderniza a súa frota, os novos McDonnell Douglas MD-87, Airbus A320 e A340 e os Boeing 757 substituirían aos antigos Douglas DC-9, DC-10 e Boeing 727.

En 1991 creou o primeiro programa de fidelización de clientes nunha liña aérea: Iberia Plus. En 1992, Iberia é a aeroliña oficial dos Xogos Olímpicos de Barcelona e da Exposición Universal de Sevilla. En 1996 creou a súa páxina web (www.iberia.com).

Absorbeu Aviaco (Aviación y Comercio, S.A), xunto coa súa frota en 1999 e nese mesmo ano pasou a formar parte da alianza de aeroliñas Oneworld, xunto con British Airways e American Airlines entre outras.

Durante o ano 2001 Iberia foi privatizada e as accións comezaron a cotizar na bolsa de valores. Cara 2002, cando Iberia celebrou o seu 75 aniversario, levaba transportadas a preto de 500 millóns de pasaxeiros.

O 5 de febreiro de 2006 entregouse a nova Terminal 4 do aeroporto de Barajas a Iberia e aos membros da alianza Oneworld.

Frota actual

editar

Iberia

editar
 
McDonnell Douglas MD-87

En xuño do ano 2018 a frota de Iberia estaba formada polos seguintes avións:[3]

Frota de Iberia
Avión En servizo[4][5] Orders[6] Pasaxeiros Notas
P Y Total
Airbus A319-100 15 var
14
var
108
141
122
Airbus A320-200 16 var var 171
Airbus A320neo 2 14 TBA
Airbus A321-200 11 var var 200
Airbus A321neo - 4 TBA
Airbus A330-200 15 19 269 288 Dous operados por Level.[7]
Airbus A330-300 8 36 242 278
Airbus A340-600 17 42
46
300
300
342
346
Os máis vellos van ser substituídos por A330 e A350.[8]
Airbus A350-900 1 15 [6] TBA
Total 85 40

Air Nostrum (Iberia Rexional)

editar

A frota de Air Nostrum en febreiro de 2011 estaba composta por 66 aeronaves, cunha idade media de 9,1 anos[9].

Frota de Air Nostrum
Avión Total Pasaxeiros
ATR 72
5
64-68
Canadair CRJ-200
35
50
Canadair CRJ-1000
5
100
Canadair CRJ-900
11
89

Frota histórica[10]

editar

De 1927 ata 1945

editar

De 1946 a 1965

editar

De 1961 a 2020 (era dos reactores)

editar

Destinos

editar
Artigo principal: Destinos de Iberia.

O Grupo Iberia «opera 94 destinos en 36 países diferentes, aos que hai que engadir 223 adicionais en 49 países grazas a acordos de código compartido con outras compañías aéreas».

Acordos de código compartido

editar

Iberia ten asinados acordos de voo con código compartido coas seguintes aeroliñas (* indica pertenenza á alianza Oneworld ou é unha filial súa):

  1. "Información Legal". Iberia (en castelán). 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 2020-12-22. 
  2. ABC - Así echó a volar Iberia... hace 80 años (en castelán)
  3. "Orders and Deliveries". Airbus. Archived from the original on 08 de xullo de 2018. Consultado o 24 de xullo de 2018. 
  4. Fleet Iberia en airfleets.com
  5. Frota de Iberia
  6. 6,0 6,1 Listados oficiais de Airbus con aeronaves encargadas, entregadas e operadas en airbus.com
  7. "IAG brands new long-haul A330 budget carrier 'Level'". Flight Global. Consultado o 24 de xullo de 2018. 
  8. "Iberia compra A350 y más A330". Flynews. Consultado o 24 de xullo de 2018. 
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2013. Consultado o 28 de febreiro de 2011. 
  10. Iberia. "Iberia - Flota histórica". grupo.iberia.es (en castelán). Consultado o 2020-12-06. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar