Abrir o menú principal

de Havilland Dragon Rapide

O de Havilland Dragon Rapide foi un biplano de pasaxeiros británico para rutas curtas e con capacidade de entre 6 e 8 pasaxeiros. Demostrou ser un avión rendible e duradeiro, a pesar da súa relativa construción primitiva a base de madeira contrachapada.

de Havilland Dragon Rapide
Dragon rapide g-aeml flying arp.jpg
Tipopasaxeiros
Fabricantede Havilland
Primeiro voo17 de abril de 1934
Principais usuariosRoyal Air Force
Unidades construídas731

DeseñoEditar

O Dragon Rapide foi deseñado a finais de 1933 por de Havilland como un substituto máis rápido e cómodo do DH.84 Dragon. Era en efecto un bimotor a escala reducida do catrimotor DH.86 Express. Compartía moitas características con este último, como as súas ás cónicas, os seus carenados aerodinámicos e o motor Gipsy Six, pero non demostrou ningún dos vicios operacionais do DH.86 Express, converténdose nun dos avións de pasaxe de curto alcance británicos máis exitoso dos anos 30.