Sud Aviation Caravelle

O Sud Aviation Caravelle é un reactor francés de pasaxeiros de alcance curto/medio. Ten a distinción de ser o primeiros avión de pasaxeiros a reacción desenvolvido para o mercado do curto e medio alcance.

Sud Aviation Caravelle
Tipoavión de pasaxeiros de fuselaxe estreita
FabricanteSud Aviation
Primeiro voo27 de maio de 1955
Introducido26 de abril de 1959
Produción1958-1972
Unidades construídas282

O desenvolvemento do Caravelle polo fabricante francés SNCASE, unha compañía que tiña gañas de producir un avión de pasaxeiros que utilizase a nova tecnoloxía da propulsión a reacción, comezou a principios dos anos 50. Co obxectivo de conseguilo, SNCASE asociouse con compañías británicas como de Havilland (que proporcionou deseño e compoñentes que desenvolvera para o seu propio reactor de pasaxeiros, o de Havilland Comet) e Rolls-Royce Limited (o provedor do motor do Caravelle, o Rolls-Royce Avon). A meirande parte do desenvolvemento do avión, incluído o seu voo de estrea o 27 de maio de 1955, foi realizado por SNCASE. Na época na que o Caravelle entrou en servizo o 26 de abril de 1959 a firma fusionárase no conglomerado Sud Aviation.

Aos poucos anos de entrar en servizo o Caravelle converteuse nun dos reactores de pasaxeiros de primeira xeración máis exitoso de Europa. O avión logrou importantes vendas para operadores en toda Europa e ata logrou penetrar no mercado dos Estados Unidos, pedindo United Airlines 20 unidades.[1] O Caravelle estableceu o motor montado a popa e a configuración de á limpa que aínda é usado no presente en avións de pasaxeiros pequenos.[1]

Variantes editar

Variantes[1]
Variante Lonxitude Motores Pasaxeiros
Caravelle I 32,01 m RA-29 Mk.522 80
Caravelle IA 32,01 m RA-29 Mk.522A 80
Caravelle III 32,01 m RA-29 Mk.527 and 527B 80
Caravelle VI-N 32,01 m RA-29 Mk.531 and 531B 80
Caravelle VI-R 32,01 m RA-29 Mk.533R 80
Caravelle 10R 32,01 m P&W JT8D-7 80
Caravelle 11R 32,71 m P&W JT8D-7 89-99
Caravelle 10B 33,01 m P&W JT8D-7 105
Caravelle 12 36,24 m P&W JT8D-9 140

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 López Ortega, Antonio (1999). Reactores comerciales: Dibujos del autor. Agualarga. ISBN 978-84-95088-87-1.