O Douglas DC-4 é un avión catrimotor de pasaxeiros desenvolvido por Douglas Aircraft Company. Serviu durante a segunda guerra mundial, no bloqueo a Berlín e ata os anos 60 como avión militar. Dende 1945 moitas aeroliñas operárono por todo o mundo.

Douglas DC-4
Douglas DC-4 de Pacific Western Airlines en 1959
Tipopasaxe e transporte
FabricanteDouglas Aircraft Company
Primeiro voo14 de febreiro de 1942 (serie de produción)
Produción1942 - 1947
Unidades construídas80 DC-4 e 1.163 C-54/R5D

Deseño

editar

Despois de que o DC-4E demostrase ser complicado de manter e pouco rendible, Douglas respondeu ás peticións de Eastern e United cun substituto máis pequeno e sinxelo. Antes de que o definitivo DC-4 puidese entrar en servizo, o estoupido da segunda guerra mundial causou que a produción se canalizase cara a Forza Aérea estadounidense, sendo designados os seus avións C-54 Skymaster, mentres que os da Armada se designaron Douglas R5D. O primeiro, un C-54, voou dende Clover Field en Santa Monica o 14 de febreiro de 1942.

O tren de aterraxe en triciclo do DC-4 permitíalle á súa fuselaxe ter unha sección transversal constante na meirande parte da súa lonxitude, polo que puido ser doadamente alongada para os posteriores DC-6 e DC-7. Fabricáronse un total de 1.163 C-54/R5D para as forzas armadas dos Estados Unidos entre 1942 e xaneiro de 1946; 79 DC-4 serían construídos despois da guerra.