Aeroporto de São Paulo-Guarulhos
O aeroporto internacional de São Paulo/Guarulhos-Governador André Franco Montoro (IATA: GRU, OACI: SBGR), coñecido tamén como aeroporto de São Paulo-Guarulhos ou sinxelamente GRU, é o principal aeroporto internacional que serve a São Paulo. Localmente é popularmente coñecido tamén como aeroporto de Cumbica, polo distrito onde se sitúa e pola base da Forza Aérea do Brasil que aínda existe no seu complexo. Dende o 28 de novembro de 2001 o aeroporto leva o nome de André Franco Montoro (1916–1999), antigo gobernador do estado de São Paulo.[2] No ano 2012 o aeroporto adoptou a súa nova identidade de marca, GRU Airport.[3]
Aeroporto de São Paulo-Guarulhos Aeroporto Internacional de São Paulo/Guarulhos-Governador André Franco Montoro
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Operador | Invepar-ACSA | ||
Cidade/Illa | São Paulo | ||
Localización | Guarulhos | ||
Elevación (msnm) | 750 metros / 2 459 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
09R/27L | 3 000 | 9 843 | asfalto |
09L/27R | 3 700 | 12 139 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 36 596 326[1] |
É o aeroporto máis concorrido do Brasil en termos de pasaxeiros, operacións e carga, e o segundo de Latinoamérico en número de pasaxeiros, despois do aeroporto da Cidade de México. Dende o ano 2012 o aeroporto vén sendo operado por un consorcio formado por Invepar S/A, Airports Company South Africa e Infraero.[4]
Aeroliñas e destinos
editarPasaxeiros
editarCarga
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editarNotas
editar- ↑ GRU Airport (ed.). "Operational Information". Consultado o 2 de xaneiro de 2018.
- ↑ Presidência da República (ed.). "Lei No 10.314, de 28 de novembro de 2001". Consultado o 2 de xaneiro de 2018.
- ↑ PropMark (ed.). "Aeroporto de Guarulhos adota nova identidade: GRU Airport". Consultado o 2 de xaneiro de 2018.
- ↑ Invepar (ed.). "GRU Airport". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 2 de xaneiro de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Avianca Brasil files preliminary New York schedule from Dec 2017". Consultado o 2 de xaneiro de 2018.
- ↑ Quotidiario Travel (ed.). "Latam Airlines aprirà a marzo la nuova rotta Roma-San Paolo". Consultado o 2 de xaneiro de 2018.