Aeroporto de Detroit
O aeroporto metropolitano de Detroit Wayne County (IATA: DTW, ICAO: KDTW, FAA LID: DTW) e un gran aeroporto internacional estadounidense que cobre 1 960 hectáreas[1] en Romulus, Míchigan. É o principal aeroporto internacional que serve a Detroit e o máis grande do estado de Míchigan. O Plan Nacional de Sistemas Aeroportuarios Integrados para 2017-2021 da Administración Federal de Aviación (FAA) categorizouno como unha grande instalación de servizo comercial principal.[1]
Aeroporto de Detroit Detroit Metropolitan Wayne County Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | condado de Wayne, Míchigan | ||
Operador | Wayne County Airport Authority | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
4R/22L | 3 659 | 12 003 | formigón |
4L/22R | 3 048 | 10 000 | asfato/formigón |
3R/21L | 3 048 | 10 001 | formigón |
3L/21R | 2 591 | 8 500 | asfato/formigón |
9L/27R | 2 654 | 8 708 | asfato/formigón |
9R/27L | 2 591 | 8 500 | formigón |
Estatísticas (2021) | |||
Pasaxeiros | 23 610 765 | ||
Operacións | 286 909 |
O aeroporto é un gran centro de conexións para Delta Air Lines e tamén unha base de Spirit Airlines.[2][3] Detroit serve como a principal porta de entrada de Delta a Asia para o leste dos Estados Unidos. O aeroporto serve a 30 destinos internacionais e a 39 estados dos Estados Unidos. Operado pola Wayne County Airport Authority, o aeroporto ten seis pistas, dúas terminais, e 129 portas de embarque.[4] O aeroporto de Detroit ten instalacións de mantemento capaces de servir e reparar avións do tamaño dun Boeing 747-400.[5]
O aeroporto de Detroit serve a área metropolitana de Detroit; a área de Toledo, Ohio a uns 65 km ao sur; a área de Ann Arbor cara ao oeste; a Windsor, Ontario; e ao suroeste de Ontario no Canadá.[6] O aeroporto ten voos a máis de 140 destinos[4] e foi nomeado o mellor gran aeroporto dos Estados Unidos en satisfacción dos clientes por J.D. Power & Associates en 2010 e 2019.[7][8]
Historia
editarO condado de Wayne comezou a planear un aeroporto nos municipios do oeste en 1927. O ano seguinte a comisión do condado emitiu un bono de 2 millóns de dólares para financiar a compra de 2,6 km2 de terreo na esquina das rúas Middlebelt e Wick, no límite nordés do presente aeroporto. A construción completouse en 1929, e a primeira aterraxe foi o día 22 de febreiro de 1930. O aeroporto inaugurouse o 4 de setembro de 1930,[9] e ese mesmo ano Thompson Aeronautical Corporation, un precursor de American Airlines, comezou a operar no aeroporto. Dende 1931 ata 1945, as súas instalacións albergaron as operacións da Garda Aérea Nacional de Míchigan, e durante a guerra o foi coñecido como Romulus Field.
O condado de Wayne ampliou o aeroporto para convertelo no principal de Detroit. En 1947 pasou a chamarse Detroit-Wayne Major Airport (aeroporto principal de Detroit-Wayne), e durante os tres seguintes anos construíronse tres pistas máis. En 1949 engadíronse as pistas 3L/21R e 9L/27R, e no ano seguinte construíuse a 4R/22L. Entre 1946 e 1947 a meirande parte do tráfico de pasaxeiros pasou do pequeno aeroporto de Detroit City (agora aeroporto internacional Coleman Young), ao nordés do centro da cidade, ao aeroporto Willow Run, a 32 km ao oeste de Detroit, 16 km ao oeste do aeroporto Wayne County.
Pan-Am (1954) e BOAC (1956) foron as primeiras aeroliñas de pasaxeiros no Detroit-Wayne Major. Na Guía Oficial de Aeroliñas de abril de 1957 estas eran as únicas compañías de pasaxeiros. Pan Am voaba tres veces por semana a Frankfurt usando Douglas DC-7C, con escalas en Londres e Shannon, sendo o inicio da ruta Chicago. BOAC voaba dende Londres unha vez por semana tamén en DC-7C, parando en Glasgow e Montreal, e rematando a ruta tamén en Chicago.
En 1958 a Administración Civil de Aviación, agora a Administración Federal de Aviación (FAA), anunciou a inclusión de Detroit-Wayne no primeiro grupo de aeroportos estadounidenses en recibir novo equipamento de rádar de longo alcance, permitindo ao aeroporto converterse no primeiro do interior dos Estados Unidos certificado para reactores. Tamén en 1958 completouse a terminal L.C. Smith (sur) e o aeroporto recibiu o seu nome actual.[10]
American Airlines mudouse de Willow Run a Detroit-Wayne en outubro de 1958, seguida por Northwest, Allegheny, e Delta nos seguintes meses; as outras aeroliñas estiveron en Willow Run ata 1966. Os voos a Minneapolis de Northwest foron os únicos sen escalas dende DTW máis aló de Chicago e Milwaukee ata 1966. Os primeiros reactores regulares foron os DC-8 de Delta a Miami a finais de 1959. A terminal norte (despois chamada Davey Terminal) inaugurouse en 1966 e unha terceira terminal, a terminal internacional Michael Berry, abriu en 1974. O derradeira das súas tres pistas paralelas (3R/21L) completouse en 1976; unha nova pista cruzada (9R/27L) abriu en 1993.
Republic Airlines comezou a operar no aeroporto como centro de conexións en 1984, e a súa fusión con Northwest Airlines en 1986 ampliou o hub. Os voos transpacíficos comezaron en 1987, voando Northwest sen escalas a Toquio. A derradeira das das seis pistas (4L/22R) completouse en decembro de 2001 en preparación da inauguración en 2002 da terminal McNamara, de 1,5 km de longo e 122 portas de embarque.[10] O aeroporto permaneceu como un centro de conexións de Northwest Airlines ata a súa fusión con Delta Air Lines.
A actual pista 3L/21R tivo catro identificadores. Cando abriu en 1949 era a pista 3/21. Coa construción da nova pista do lado oeste 3L/21R en 1950, a orixinal 3/21 converteuse na 3R/21L. Coa apertura da nova pista no lado leste 3R/21L en 1976, converteuse na 3C/21C. En decembro de 2001 abriuse a pista 4L/22R e o aeroporto dividiuse en dous sectores (3/21 no leste e 4/22 no oeste), polo que a pista 3C/21C pasou a ser a 3L/21R.
Detroit foi un gran centro de conexións para Northwest Airlines dende 1986 ata 2010. Nese ano Northwest fusionouse con Delta Airlines, e Detroit converteuse no segundo maior centro de conexións de Delta.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "FAA Airport Form 5010 for DTW" (PDF). FAA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de febreiro de 2022. Consultado o 14 de febreiro de 2022.
- ↑ "Detroit Metropolitan Wayne County Airport - Delta News Hub". web.archive.org. 2016-01-07. Archived from the original on 07 de xaneiro de 2016. Consultado o 2022-02-14.
- ↑ "Annual Report for the period ending 12/31/11" (PDF). Spirit Airlines. Archived from the original on 02 de outubro de 2013. Consultado o 14 de febreiro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 "Press Room: Facts". MetroAirport.com. 2013-01-20. Archived from the original on 20 de xaneiro de 2013. Consultado o 2022-02-14.
- ↑ "Building a Twin Bay Boeing 747 Hangar at Detroit Metro Airport". Walbridge (en inglés). Consultado o 2022-02-14.
- ↑ "Travel Tips & Security Information: FAQ-Directions". MetroAirport.com. 2009-02-24. Archived from the original on 24 de febreiro de 2009. Consultado o 2022-02-14.
- ↑ "Detroit tops airport satisfaction study - CNN.com". www.cnn.com (en inglés). Consultado o 2022-02-14.
- ↑ Abdel-Baqui, Omar. "DTW ranked No. 1 for customer satisfaction in survey". Detroit Free Press (en inglés). Consultado o 2022-02-14.
- ↑ "This week in Michigan history: Detroit's airport is dedicated". Detroit Free Press. 2014-09-02. Archived from the original on 02 de setembro de 2014. Consultado o 2022-02-14.
- ↑ 10,0 10,1 "Chronological History". MetroAirport.com. 2009-02-04. Archived from the original on 04 de febreiro de 2009. Consultado o 2022-02-14.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aeroporto de Detroit |