British Overseas Airways Corporation

British Overseas Airways Corporation (BOAC) foi a aeroliña estatal británica creada en 1939 pola fusión de Imperial Airways e British Airways Ltd. A compañía continuou operando servizos internacionais durante a segunda guerra mundial. Despois da aprobación da Lei de Aviación Civil de 1946, os servizos europeos e suramericanos pasaron a outras dúas aeroliñas estatais, British European Airways (BEA) e British South American Airways (BSAA). BOAC absorbeu BSAA en 1949, pero BEA continuou operando rutas domésticas e europeas durante os seguintes 25 anos. Unha lei do Parlamento de 1971 fusionou BOAC e BEA, facéndose efectiva a fusión o 31 de marzo de 1974, nacendo así a actual British Airways.[1]

British Overseas Airways Corporation
BOAC Vickers VC10 on finals into Heathrow.jpg
IATA
BA
OACI
BA
Indicativo
SPEEDBIRD
Fundación24 de novembro de 1939
Inicio das operacións1 de abril de 1940
Fin das operacións31 de marzo de 1974
Aeroporto principalLondres-Heathrow
Frotauns 200 avións no seu maior pico
Destinos200
Holdinggoberno do Reino Unido

NotasEditar

  1. "World Airline Directory". Flight International. 2012-03-11. Consultado o 2020-12-18.