Boliviana de Aviación

Boliviana de Aviación, tamén coñecida sinxelamente como BoA, é a aeroliña nacional de Bolivia e é de propiedade estatal na súa totalidade. Foi creada en outubro de 2007 e comezou a operar en marzo de 2009. Acompañía ten a súa sede en Cochabamba e o seu principal centro de conexións está no aeroporto Jorge Wilstermann, con cidades focais no aeroporto internacional El Alto e no aeroporto Viru Viru. A meirande parte dos seus voos internacionais, incluíndo os de longa distancia cara Madrid e Miami, operan dende Viru Viru, en Santa Cruz de la Sierra. Boliviana de Aviación voa cara 13 destinos en 5 países e é a aeroliña máis grande do país en termos de frota e pasaxeiros transportados.

Boliviana de Aviación
IATA
OB
OACI
BOV
Indicativo
BOLIVIANA
Fundación24 de outubro de 2007
Inicio das operaciónsmarzo de 2009
Aeroporto principalaeroporto Jorge Wilstermann
Plan de voo frecuenteElévate
Frota26
Destinos17
HoldingGoberno de Bolivia
Páxina web: https://www.boa.bo

Boliviana de Aviación creouse como unha empresa estatal polo goberno do presidente Evo Morales como sucesora da anterior aeroliña de bandeira Lloyd Aéreo Boliviano (LAB), que cesou as súas operacións despois de 87 anos de actividade en 2011. Despois da desaparición da segunda aeroliña máis grande do país, AeroSur, Boliviana de Aviación espandíu a súa rede e converteuse na única gran aeroliña de Bolivia, chegando a controlar o 82% do mercado nacional en 2012.[1]

Frota editar

 
Boeing 737-300
 
Boeing 767-300ER

En xaneiro de 2018 a frota de Boliviana de Aviación estaba formada polos seguintes avións:[2]

Frota de Boliviana de Aviación
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Boeing 737-300 14 138 138
Boeing 737-700 4 136 136
Boeing 737-800 2 168 168
Boeing 767-300ER 4 10 215 225
Bombardier CRJ200 2 50 50 Operados como BoA Regional.
Total 26

Notas editar

  1. La Razón (ed.). "BoA y TAM tienen el control del mercado aéreo de pasajeros". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2018. Consultado o 16 de maio de 2018. 
  2. Planespotters (ed.). "Boliviana de Aviación (BoA) Fleet Details and History". Consultado o 16 de maio de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar