South African Airways

South African Airways (SAA) é a aeroliña nacional e a máis grande de Suráfrica. Ten a súa sede no Aeroporto Internacional de Johannesburgo-Oliver Reginald Tambo. A compañía voa a 42 destinos de todo o mundo dense o seu centro de operacións no citado aeroporto, usando unha frota de 53 avións. A aeroliña está dirixída polo CEO Monwabisi Kalawe.[1]

South African Airways
IATA
SA
OACI
SAA
Indicativo
SPRINGBOK
Fundación1 de febreiro de 1934
Aeroporto principalAeroporto Internacional de Johannesburgo-O R Tambo
Plan de voo frecuenteVoyager
AlianzaStar Alliance
Frota53
Destinos42
Holdinggoberno de Suráfrica
Eslogan da compañíaAfrica's Most Awarded Airline
Sede
DirixentesJohn Lamola (CEO)
Páxina web: http://www.flysaa.com/

South African Airways fundouse en 1934 tras a compra de Union Airways por parte do goberno surafricano. A aeroliña foi inicialmente supervisada e controlada pola administración surafricana de ferrocarrís e portos. Sancións de países africanos que lle prohibiron realizar escalas nos seus aeroportos debido ao apartheid forzárona a mercar avións de longo alcance, entre outras medidas, para contrarrestar esas restriccións. Durante ese tempo tamén era coñecido polo seu nome en lingua afrikaans, Suid-Afrikaanse Lugdiens (SAL), que foi abandonado. En 1997 a aeroliña pasou por un gran programa de renovación, que incluía un cambio de nome, imaxe e librea, ademais da introdución de servizos de venda de billetes a través de Internet. Dende entón a compañía uniuse á Star Alliance, e renovou a súa frota con avións máis modernos. En 2006 SAA separouse de Transnet, a súa compañía nai, para operar como unha aeroliña independente.

SAA é a aeroliña oficial da Asociación de Tenistas Profesionais. A compañía posúe Mango, unha aeroliña low cost doméstica, e estrableceu ligazóns con Airlink e South African Express.

En novembro de 2021, nun marco de colaboración estratéxica (SPF), asinado durante unha cerimonia en presenza do presidente surafricano Cyril Ramaphosa e do presidente de Kenya, Uhuru Kenyatta. Kenya Airways e South African Airways agora traballarán xuntos para "aumentar o tráfico de pasaxeiros, as opcións de carga e o comercio en xeral utilizando as forzas de Suráfrica, Kenya e África", explica un comunicado.

Frota de South African Airways
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Airbus A319-132 7 25 95 120
Airbus A320-232 10 24 114 138 [2][3]
Airbus A330-200 6[4] 36 186 222
Airbus A330-300 5 46 203 249
Airbus A340-300 7 38 215
231
253
269
ZS-SXD coa librea do Team South Africa 2012
Airbus A340-600 9 42 275 317 ZS-SNC pintado coa librea de Star Alliance
Boeing 737-800 6 32 125 157 ZS-SJV pintado coa librea de Star Alliance[5]
Cargo Fleet
Boeing 737-300 3
N/A
[6]
Total 53
  1. Air Transport World (ed.). "South African Airways names new CEO". Consultado o 18 de setembro de 2014. 
  2. Airbus (ed.). "South African Airways (SAA) takes delivery of its first two A320s". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2014. Consultado o 19 de setembro de 2014. 
  3. Flightglobal (ed.). "South African Airways firms renegotiated A320 order". Consultado o 19 de setembro de 2014. 
  4. Planespotters (ed.). "A330-243 de SAA". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2014. Consultado o 19 de setembro de 2014. 
  5. Iol (ed.). "SAA needs to choose well as it expands its fleet". Consultado o 19 de setembro de 2014. 
  6. Defence web (ed.). "New freighter for SAA". Consultado o 19 de setembro de 2014. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar