Luxair, legalmente Luxair S.A., Société Luxembourgeoise de Navigation Aérienne, é a aeroliña nacional de Luxemburgo. Ten a súa sede no aeroporto de Luxemburgo en Sandweiler. Opera voos regulares a destinos en Europa, Norte de África, o Mediterráneo e Oriente Medio, con servizos chárter e estacionais adicionais. É a única aeroliña de pasaxeiros que existe en Luxemburgo.

Luxair
IATA
LG
OACI
LGL
Indicativo
LUXAIR
Fundación1962
Centro de conexiónaeroporto de Luxemburgo
Plan de voo frecuenteMiles & More
Frota17
Destinos64
Eslogan da compañíaFly in good company
Sede
Páxina web: http://www.luxair.lu/

Historia editar

Descendente de Luxembourg Airlines, fundada en 1948, Luxair fundouse en 1961 para satisfacer a crecente demanda de conexións aéreas entre Luxemburgo e outras cidades europeas. En 1962 Luxembourg Airlines convertéuse en Luxair e comezou as súas operacións lanzando unha ruta entre Luxemburgo e París cun Fokker F27 Friendship. Dende 1964 ata 1969 Luxair operou tres avións Lockheed L-1649A Starliner nun acordo de cooperación con Trek Airways, dende Luxemburgo a Xohanesburgo. Os Starliners pintáronse coa librea de Luxair e rexistráronse en Luxemburgo.[1] Cara 1967 a frota da aeroliña estaba formada por tres Fokker F27 Friendship e un Vickers Viscount. Este último foi dado de baixa tras un accidente sen vítimas mortais en 1969 e substituído o ano seguinte polo ptimrito reactor da compañía, un Sud Aviation Caravelle.

Co paso dos anos a aeroliña incorporou máis reactores á súa frota: Boeing 747SP (para rutas a Suráfrica), Boeing 737-400 e Boeing 737-500; ademais de turbohélices Fokker 50 e reactores Embraer. En marzo de 2003 Luxair pediu dous Boeing 737–700 novos para substituír os seus vellos avións Boeing. O primeiros dos novos avións entregouse o 18 de febreiro de 2014. En agosto de 2003 a compañía pediu un terceiro avión que sería entregado en xaneiro de 2005.

Nun esforzo por ter unha frota só de reactores, o seu último Fokker 50 foi retirado do servizo en abril de 2005. O aumento do prezo do petroleo fixo que operar reactores rexionais fose moi caro, polo que a aeroliña decidiu reintroducir avións turbohélice. En xuño de 2006 asinou unha orde en firme con Bombardier Aerospace por tres Dash 8-Q400, con opción a tres máis. O últimos dos tres avións entregouse en setembro de 2007 e dous aparellos máis foron pedidos posteriormente.

En outubro de 2008 Luxei fixo un pedido para o seu primeiro Boeing 737-800. No ano 2009 Luxai recibiu o premio á aeroliña máis puntual no aeroporto da Cidade de Londres durante o ano 2008.[2] No ano 2011 a compañía transportou a un total de 1 302 771 pasaxeiros.

En 2013 e 2014 incorporáronse dous novos Boeing 737-800 equipados co interior Boeing Sky. En xullo de 2015 o socio minoritario Lufthansa anunciou que vendería todas as súas accións (13%), que mantiña dende o ano 1993. O goberno de Luxemburgo foi nomeado como comprador preferente.[3] En novembro de 2015 rematou a venda de todas as accións de Lufthansa ao goberno do país.[4] Luxair tamén anunciou que deixaría de voar a súa ruta cara ao aeroporto de Frankfurt anteriormente operada en código compartido con Lufthansa, xa que a aeroliña alemá comezou a voar a ruta pola súa conta.[5] Luxair aínda forma parte do programa de voo frecuente de Lufthansa Miles & More.[6]

Frota editar

En agosto de 2017 a frota de Luxair estaba formada polos seguintes avións:

Frota de Luxair
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Boeing 737-700 2 141
Boeing 737-800 4 186
Bombardier Dash 8 Q400 11 76
Total 17 0

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. Zoggavia (ed.). "Luxair". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2010. Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  2. Flight on Time (ed.). "Premios de puntualidade 2008". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2015. Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  3. Airliners.de (ed.). "Lufthansa verkauft Luxair-Anteile". Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  4. aero.de (ed.). "Lufthansa macht Luxair-Anteile zu Geld". Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  5. Routes Online (ed.). "Luxair Ends Frankfurt Service from Dec 2015". Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  6. Luxair (ed.). "Miles & More". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2017.